Pawo Choyning Dorji (en །) nado en Darjeeling o 23 de xuño de 1983, é un cineasta e fotógrafo butanés. O seu primeiro filme Lunana: A Yak in the Classroom (2019) foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios. O seu segundo filme, The Monk and the Gun (2023) clasificouse na lista curta do Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios.
Dorji é a persoa máis nova en recibir o premio civil máis alto de Bután, o Druk Thuksey, o Fillo do Corazón do Dragón do Trono. Foille concedido polo rei Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. É membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.
Traxectoria Pawo Choyning Dorji é o fillo dun diplomático, e naceu en Darjeeling, na India.
O seu primeiro filme Lunana: A Yak in the Classroom, rodado na escola máis remota do mundo na vila de Lunana estreouse no Festival de Cinema de Londres e gañou o Premio da Audiencia ó mellor filme e ó "mellor do festival" no Festival Internacional de Cinema de Palm Springs. Ademais, converteuse no segundo candidato de Bután ó , sendo escollido polo país para competir na 93ª edición dos premios.
Obras Seeing Sacred: Lights & Shadows Along the Path Turquoise Heart: Bhutanese remembers a Bhutanese (2017) The Light of the Moon: The Legacy of Xuanzang of Tang (2019)
Vida persoal Dorji casou coa actriz e produtora taiwanesa Fan Yuin "Stephanie" Lai, filla de Stan Lai, en 2009. Teñen unha filla e un fillo. A familia pasa o seu tempo entre Taiwán, Bután e a India.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Darjeeling Categoría:Directores de cinema de Bután