Eleazar Francés Carpintero, nado no Porriño en 1901 e finado en Tomiño o 22 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de José Francés González e irmán de José e Antonio Francés Carpintero.
Militante do PSOE, foi elixido vicepresidente da Juventud Socialista do Porriño en xullo de 1932. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 574/36. Foi paseado no Alto de Tebra, no monte Salgueiró da parroquia de Santa María de Tebra de Tomiño o 22 de setembro co seu irmán Antonio, José Groba Domínguez, José Groba Rodríguez e José Rocha. A súa muller Loreto Pereiro viaxou a Tomiño para recoñecer os cadáveres do home e do seu cuñado.
Vida persoal Casou con Loreto Pereiro Pérez en 1933,Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, outubro de 1933, p. 18. e foi pai de Eleazar Francés Pereiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos