Onward é un filme estadounidense de 2020 producido por Pixar Animation Studios e liberado por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Dan Scanlon, producido por Kori Rae e escrito por Scanlon, Jason Headley e Keith Bunin. Conta coas voces de Tom Holland, Chris Pratt, Julia Louis-Dreyfus e Octavia Spencer. Ambientado nun mundo de fantasía suburbana, o filme conta a historia de dous irmáns elfos que comezan unha aventura para atopar un artefacto que pode devolver temporalmente a vida do seu pai morto.

Onward estreouse no Festival de Berlín o 21 de febreiro de 2020 e nos cinemas o 6 de marzo de 2020. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, mais só recadou 147 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de 175-200 millóns. A escasa recadación do filme foi resultado da pandemia de COVID-19, a cal provocou o peche de cinemas, o cal converteu Onward no segundo filme de Pixar con menor recadación, despois de The Good Dinosaur. Como moitos outros filmes estreados nos primeiros meses do ano 2020, foi distribuído dixitalmente poucas semanas despois da súa estrea.

Personaxes Tom Holland como Ian Lightfoot Chris Pratt como Barley Lightfoot Julia Louis-Dreyfus como Laurel Lightfoot Octavia Spencer como "Corey" The Manticore Mel Rodriguez como Colt Bronco Kyle Bornheimer como Wilden Lightfoot Lena Waithe como Specter Ali Wong como Gore Grey Griffin como Dewdrop Tracey Ullman como Grecklin Wilmer Valderrama como Gaxton George Psarras como Avel John Ratzenberger como Fenwick

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2020 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Dan Scanlon Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Filmes sobre criaturas lendarias