Compromiso Outes é un partido político galego de ámbito local de Outes creado en 2018 que se define como galeguista e progresista.

Historia Xurdiu a partir da agrupación local de Compromiso por Galicia en Outes tras decidir os seus membros desligarse de dita formación. Nas eleccións municipais de 2019 logrou sela forza política máis votada de Outes con 5 concelleiros de tal maneira que o seu candidato, Manuel González López, converteuse no alcalde do municipio e encabezou un goberno en minoría.

Nas eleccións municipais de 2023 logrou 4 concelleiros e conservou a alcaldía grazas a un pacto de goberno co BNG e o PSdeG. En febreiro de 2025 o goberno quedou en minoría tralo abandono do único concelleiro socialista. Dúas semanas despois o edil socialista presentou xunto cos concelleiros do PP unha moción de censura, polo que Manuel González perdeu a alcaldía, que asumiu Francisco Calo Abelleira do PP.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Outes

Categoría:Outes Categoría:Partidos políticos de Galicia