Herón de Alexandría (en , Heron ho Alexandreus), nado en Alexandría (Exipto) arredor do ano 10 e finado na mesma cidade arredor de 75, foi un enxeñeiro e matemático helenístico.

Foi considerado un dos científicos e inventores máis grandes da antigüidade e o seu traballo é representativo da tradición científica helenista.Marie Boas, «Hero's Pneumatica: A Study of Its Transmission and Influence», Isis, vol. 40, n.º 1 (febreiro de 1949), p. 38 y supra.

En matemáticas é lembrado principalmente pola fórmula de Herón, un método de calcular a área dun triángulo usando só as lonxitudes dos seus lados.

Perdéronse gran parte dos escritos e deseños orixinais de Herón, mais algunhas das súas obras conserváronse, principalmente en manuscritos do Imperio Romano de Oriente, e unha parte máis pequena en traducións latinas ou árabes.

Traxectoria Tralo período helenístico, a ciencia grega destacou na cidade de Alexandría, perdurando varios séculos ata a caída do Imperio Romano. Alí xurdiron periodicamente abrochos de xenialidade.

A orixe de Herón puido ser grega ou exipcia helenizada.George Sarton (1936). "The Unity and Diversity of the Mediterranean World", Osiris 2, p. 406-463 T. D. De Marco (1974). "Gas-Turbine Standby-Power Generation for Water-Treatment Plants", Journal American Water Works Association 66 (2), p. 133-138. É case seguro que Herón deu clases no Museion que incluía a Biblioteca de Alexandría, porque a maioría dos seus escritos aparecen como apuntamentos de aulas para cursos de matemáticas, mecánica, física e pneumática. Baseouse frecuentemente en Ctesibio, inventor grego do século III a.C., de quen se teñen noticias polo propio Herón e por Vitruvio. Describiu gran número de máquinas sinxelas e xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.

Aínda que o campo non se formalizou ata o século XX, crese que o traballo de Herón, en particular os seus dispositivos automatizados, representan unha das primeiras investigacións formais en cibernética. Tamén demostrou unha actitude premoderna para a mecánica, descubrindo, aínda que de forma arcaica, a lei de acción e reacción. Na súa obra Mecánica describiu os pantógrafos.

Inventos e descubrimentos

Máquina de vapor miniatura|Eolípila de Herón. Un dos seus maiores logros foi a descrición da primeira máquina de vapor, coñecida como «eolípila», «aelópilo» ou «aelópila», e a fonte de Herón, cunha aplicación práctica que nos templos lle valeu o pseudónimo de «o Mago». A eolípila era unha máquina que consistía nunha esfera oca conectada a unha caldeira á que se lle adaptaban dous tubos curvos. O interior da esfera estaba repleto de auga que se facía ferver provocando que polos tubos arrincase o vapor, facendo virar a bóla moi rápido. Porén, unha das curiosidades do eolípilo é que nunca tivo un fin práctico en si. Algunhas fontes comentan que o invento non era máis que un xoguete coa finalidade de entreter os nenos.

Herón describiu, aínda que de forma arcaica mediante o eolípilo, a lei de acción e reacción de Isaac Newton, experimentando con vapor de auga. Xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.

Peumática, hidráulica e robótica Foi autor de numerosos tratados de mecánica, como Pneumática (πνευματικά), en que estuda a hidráulica, e Autómatas (Αυτοματοποιητική), primeiro libro de robótica da historia. En Sobre a dioptra (Περί διόπτρας) describe o funcionamento deste aparello, semellante ao actual teodolito, empregado en observacións terrestres e astronómicas durante séculos. Tamén nese libro describe o hodómetro, utilizado para medir distancias percorridas por un viandante ou un vehículo.

Ademais, realizou unha descrición detallada do hýdraulis de Ctesibio, un órgano que funcionaba con auga. miniatura|200px|Reconstrución do órgano de Herón Unha das súas construcións foi a primeira máquina expendedora. Cando se introducía unha moeda pola parte superior da máquina, esta dispensaba unha cantidade de auga. Apareceu no seu libro Mécánica e óptica., pp. 66–67 Tamén deseñou un órgano que funcionaba co vento, primeira máquina da historia activada mediante enerxía eólica.A.G. Drachmann, "Heron's Windmill", Centaurus, 7 (1961), pp. 145–151Dietrich Lohrmann, "Von der östlichen zur westlichen Windmühle", Archiv für Kulturgeschichte, Vol. 77, Issue 1 (1995), pp. 1–30 (10f.)

Óptica En óptica, propuxo na súa Catóptrica (Κατοπτρικά) que a luz viaxa seguindo o camiño xeometricamente máis curto.

Matemáticas Con todo, é coñecido sobre todo como matemático, tanto no campo da xeometría como no da xeodesia, rama das matemáticas que se encarga da determinación do tamaño e configuración da Terra.

Como matemático, escribiu Métrica (Μετρικά), obra en que estuda as áreas das superficies e os volumes dos corpos. Desenvolveu tamén técnicas de cálculo, tomadas dos babilonios e exipcios, como o cálculo de raíces cadradas mediante iteracións e un método para calcular raíces cúbicas.

O seu logro máis destacado no campo da xeometría é a denominada fórmula de Herón, en que se establece a relación entre a área dun triángulo e a lonxitude dos seus lados:

Obras miniatura|O libro Sobre os autómatas de Herón de Alexandría (edición de 1589) As obras coñecidas escritas por Herón inclúen: Pneumatica (Πνευματικά), descrición de máquinas que funcionan con ar, vapor ou presión da auga, incluídas o hydraulis ou órgano de auga Automata, descrición de máquinas que permiten accións nos templos por métodos mecánicos ou pneumáticos, como aperturas ou pechamentos de portas e estatuas que verten viñoDe gli automati, overo machine se moventi, Volume 2 (Venecia, 1589; repr. 1601), On Automaton; traducido do grego. Mechanica, só se conserva en árabe, escrito para arquitectos, que contén medios para levantar obxectos pesados Metrica, descrición de como calcular superficies e volumes de obxectos diferentes Sobre a Dioptra, colección de métodos para medir lonxitudes, obra en que se describen o hodómetro e a dioptra, aparello que lembra o teodolito Belopoeica, descrición de máquinas de guerra Catoptrica, sobre a progresión da luz, a reflexión e o uso de espellos

As seguintes obras foron atribuídas a Herón, pero agora crese que probablemente fosen escritas por outros autores: Geometrica, colección de ecuacións baseadas no primeiro capítulo de Metrica Stereometrica, exemplos de cálculos tridimensionais baseados no segundo capítulo de Metrica Mensurae, ferramentas que se poden empregar para realizar medidas, baseadas en Stereometrica e Metrica Cheiroballistra, sobre catapultas Definitiones, contén definicións de vocábulos para a xeometría

obras que das que só se conservan fragmentos: Geodesia Geoponica

Recoñecementos O cráter lunar Heron leva este nome na súa honra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Schellenberg, H.M.: Anmerkungen zu Hero von Alexandria und seinem Werk über den Geschützbau, in: Schellenberg, H.M./ Hirschmann, V.E./ Krieckhaus, A.(edd.): A Roman Miscellany. Essays in Honour of Anthony R. Birley on his Seventieth Birthday, Gdansk 2008, 92-130 Ligazóns externas Pneumática (Πνευματικά): Versión española da tradución ao inglés de Bennet Woodcroft (1803-1879), de 1851; en PDF Textos de Herón en francés, con introdución e anotacións, na páxina web de Philippe Remacle (1944-2011) Textos en grego na páxina web da Bibliotheca Augustana (Augsburgo) Ficha da curtametraxe rusa de animación Герон (1979), dirixida por Viktor Omelchenko (Виктор Омельченко), que narra a invención da eolípila

Categoría:Nados en Alexandría Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século I Categoría:Matemáticos de Exipto Categoría:Inventores Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade