Silvia García Pintos, nada en Vigo o 26 de setembro de 1970, é unha cantante, actriz e empresaria galega, coñecida como Silvia Superstar.

Traxectoria Silvia Superstar naceu en Vigo, nunha familia interesada pola música. É irmá dos músicos Anxo e Gael Pintos.

Cando era adolescente adoptou o nome artístico de Silvia Superstar inspirándose nunha boneca Barbie.

Tocou o baixo nun grupo chamado Los últimos de Filipinas. Posteriormente, formou parte de Aerolíneas Federales, que deixou para formar coa súa parella Billy King Killer Barbies, coa que acadou o éxito, chegando a tocar en países como os Estados Unidos, Alemaña e o Xapón. En 2009 debutou como cantante en solitario.

Á marxe da música, foi propietaria de bares e dunha tenda de roupa e mais deseñadora de moda.

Filmografía A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993, acreditada como Silvia Pintos) Killer Barbies (1996) Killer Barbies vs. Dracula (2002) Ellos robaron la picha de Hitler (2008)"Ellos robaron la picha de Hitler", serie Z del heredero de Jess Franco

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Actores de cinema de Galicia