miniatura|Luminaries of Pantheism, de Levi Ponce, mural en Venice, California para The Paradise Project. O panteísmo é a crenza de que absolutamente todo e todos compoñen un Deus abranguente, e inmanente,Encyclopedia of Philosophy ed. Paul Edwards. Nova York: Macmillan and Free Press. 1967. p. 34. ou que o universo (ou a natureza) e Deus son idénticos.The New Oxford Dictionary Of English. 11ª edición. Oxford: Clarendon Press. 1998. p. 1341. Sendo así­, os adeptos desta posición non cren nun deus persoal, antropomórfico ou creador. Aínda que existan diverxencias dentro do panteísmo, as ideas principais din que Deus se atopa en todo o cosmos como unha unidade abranguente e polo tanto é inaceptábel no panteísmo o politeísmo (adoración e crenza en varios deuses), pois as divindades son tidas como aspectos distintos do absoluto.

O panteísmo foi popularizado na cultura occidental tanto como unha teoloxía canto unha filosofí­a baseada na obra de Baruch de Spinoza,Picton, James Allanson (1905). Pantheism: its story and significance. Chicago: Archibald Constable & CO LTD.. ISBN 978-1419140082. que escribiu o tratado Ética, unha resposta á famosa teoría de Descartes sobre a dualidade do corpo e do espírito.Plumptre, Constance (1879). General sketch of the history of pantheism, Volume 2. Londres: Samuel Deacon and Co. pp. 3–5, 8, 29. ISBN 9780766155022. Spinoza declarou que ambos eran a mesma cousa, e este monismo terminou sendo unha calidade fundamental da súa filosofí­a. El empregaba a palabra "deus" para describir a unidade de calquera substancia. Aínda que o vocábulo "panteísmo" non fose inventado durante o seu tempo de vida, hoxe Espinosa é considerado como un dos máis célebres defensores da crenza.Shoham, Schlomo Giora (2010). To Test the Limits of Our Endurance. Cambridge Scholars. pp. 111. ISBN 1443820687. Unha ida panteísta tamén foi asumida polo filósofo e cosmólogo do século XVI Giordano Bruno.

Etimoloxía A palabra derívase do grego pan (que significa "todo") e theos (que significa "deus"). A primeira vez que apareceu o vocábulo en latín foi na obra de 1697 escrita por Joseph Raphson titulada De Spatio Reali seu Ente Infinito,Ann Thomson, Bodies of Thought: Science, Religion, and the Soul in the Early Enlightenment, 2008, páxina 54. en que se refire ao "pantheismus" de Spinoza e outros.

Relación con outras doutrinas De entre as doutrinas occidentais, o panteísmo é unha das que máis se aproxima ás filosofías orientais como o budismo, o xainismo, o taoísmo e o hinduísmo. É tamén a liña filosófica que máis se achega á filosofía hermética do antigo Exipto, onde o principal obxectivo é facer parte da conspiración universal (ou conspiración cósmica).

Panteísmo e panenteísmo No panteísmo, Deus ten tamaño igual ao universo. En cambio, no panenteísmo, Deus está dentro do universo, mais existe tamén fóra del.John Culp (19 de maio de 2009). "Panentheism". The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Stanford, CA page=: Stanford University. "Peacocke identifies his understanding of God's relation to the world as panentheism because of its rejection of dualism and external interactions by God in favor of God always working from inside the universe. At the same time, God transcends the universe because God is infinitely more than the universe".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Panenteísmo Pandeísmo Teísmo Deísmo Monismo Naturalismo Ligazóns externas Bollacher, Martin 2020: pantheism. In: Kirchhoff, T. (Hg.): Online Encyclopedia Philosophy of Nature. Universitätsbibliothek Heidelberg: https://doi.org/10.11588/oepn.2020.0.76525 Pantheism entry by Michael Levine (earlier article on pantheism in the Stanford Encyclopedia of Philosophy) The Pantheist Index, pantheist-index.net

Categoría:Teísmos Categoría:Relixións Categoría:Filosofía da relixión