2021 (MMXXI) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en venres.
En 2021 celebráronse algúns eventos orixinariamente previstos para 2020, incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19.
As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.
Acontecementos miniatura|250x250px|Manifestantes fronte ó Capitolio dos Estados Unidos o 6 de xaneiro.
Xaneiro
1 de xaneiro: Finaliza o período de transición da saída do Reino Unido da Unión Europea (o chamado Brexit). 6 de xaneiro: Partidarios do presidente saínte Trump asaltan o Capitolio dos Estados Unidos. Cinco persoas resultaron mortas. 8-11 de xaneiro: A borrasca Filomena deixa as maiores nevaradas das últimas décadas na Península Ibérica, provocando graves problemas de mobilidade. 9 de xaneiro: Un Boeing 737 de Sriwijaya Air, con 62 pasaxeiros a bordo procedentes de Iacarta, perde o contacto e cae ao mar de Xava despois da súa engalaxe. 15 de xaneiro: A pandemia da COVID-19 supera os dous millóns de vítimas mortais. 20 de xaneiro: Joe Biden asume o cargo como o 46º Presidente dos Estados Unidos de América. 24 de xaneiro: Marcelo Rebelo de Sousa é reelixido como Presidente de Portugal. 26 de xaneiro: O número de casos rexistrados da COVID-19 en todo o mundo supera os 100 millóns.
Febreiro
1 de febreiro: Golpe de estado en Myanmar. O exército arresta a xefa de Estado Aung San Suu Kyi, o presidente Win Myint e outros líderes do partido gobernante. Desconéctase Internet e os medios de comunicación e, a través dunha transmisión televisiva especial, o exército decreta o estado de emerxencia durante un ano e toma o control do país, proclamando xefe de Estado ao xeneral Min Aung Hlaing. 2 de febreiro: Acádanse as 100 millóns de doses administradas da vacina contra a COVID-19 en todo o mundo. 9 de febreiro: En Galicia supérase a cifra de 2 000 vítimas mortais da COVID-19
Marzo
23 de marzo: Nos Estados Unidos, un tiroteo nun supermercado de Colorado deixa 10 mortos.
Abril 28 de abril: Comezan as protestas en Colombia nas principais cidades contra as reformas de impostos e saúde propostas polo presidente Iván Duque Márquez, resultando en violencia policia e a morte de manifestantes, o cal foi condenado polas Nacións Unidas e Human Rights Watch.
Maio
3 de maio: Na Cidade de México, un tramo elevado da liña 12 do metro colapsa, descarrilando dous vagóns. 26 persoas morreron e 80 quedaron feridas. 8 de maio: En Afganistán, un ataque terrorista contra unha escola de nenas en Cabul deixa 68 persoas mortas e 165 feridas. 17 de maio: As tensións entre España e Marrocos provocan a entrada duns 8.000 inmigrantes irregulares pola fronteira de Ceuta. O exército español desprégase na cidade autónoma para deter a entrada masiva de persoas e garantir a seguridade.
Xullo
7 de xullo: En Haití é asasinado o presidente Jovenel Moïse como resultado dun ataque provocado polas protestas no país. 23 de xullo: Apertura dos Xogos Olímpicos de Toquio.
Agosto
8 de agosto: Clausura dos Xogos Olímpicos de Toquio. 15 de agosto: En Afganistán, a capital Cabul cae en mans dos talibáns. O presidente Ashraf Ghani exíliase en Tadjiikistán.
Outubro
1 de outubro: Apertura da Expsición Universal de 2020 en Dubai.
Novembro
30 de novembro: Barbados declárase república parlamentaria, abandonando o sistema de monarquia constitucional parlamentaria, que tiña á raíña Isabel II como xefa de Estado e a Gobernadora Xeral como a súa representante na illa.
Decembro 25 de decembro: Lánzase o Telescopio Espacial James Webb.
Mortes
Artigo principal: Finados en 2021.
Xaneiro
25 de xaneiro: Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde de Cangas de Morrazo. 30 de xaneiro: Sophie; cantante, compositora, produtora, DJ e activista escocesa.
Marzo
17 de marzo: Xosé Ramón Barreiro, historiador galego e presidente da Real Academia Galega.
Abril
9 de abril: Filipe de Edimburgo, esposo de Isabel II do Reino Unido.
Xuño
6 de xuño: Luís Caramés, economista galego.
Xullo
25 de xullo: Otelo Saraiva de Carvalho, militar e político portugués.
Novembro 27 de novembro: Almudena Grandes, escritora española. 30 de novembro: Oriol Bohigas, arquitecto catalán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano