Pavel Romanovich Popovich, nado en Uzin (óblast de Kíiv) o 5 de outubro de 1930 e finado o 29 de setembro de 2009, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Vostok 4 e Soiuz 14.

Traxectoria Popovich graduouse na Escola de Pilotos Militares de Grozny en 1954 e na Academia da Forza Aérea Monino en 1968. Adestrouse para ser cosmonauta entre marzo de 1960 e xaneiro de 1961. Participou nas misións Vostok 4 e Soiuz 14, pasando 18,69 días no espazo. Durante a Soiuz 14 converteuse no primeiro comandante dunha estación espacial militar, a Saliut 3.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Vostok 4 Soiuz 14

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados na rexión de Kíiv Categoría:Finados en 2009