David Blanco Rodríguez, nado o 3 de marzo de 1975 na localidade suíza de Berna, é un ciclista galego.

Traxectoria Iniciou a súa carreira como profesional en Portugal, en 2000, no Rota dos Móveis. Con este club disputou a súa primeira Volta ao Alentejo (onde rematou undécimo), e a súa primeira Volta a Portugal, onde chegou de 14º. En 2001 repite ese posto final na rolda lusa, e en 2002, xa co ASC Vila do Conde remata de 21º. En 2003 ficha polo Porta da Ravessa, e remata quinto na Volta a Portugal e undécimo de novo na do Alentejo.

En 2004 ficha polo equipo español Kelme, onde permaneceu dous anos, e que mudou aos nomes de Comunitat Valenciana e Costa Blanca. Dese ano é a súa participación primeira na Vuelta a España, onde rematou décimo, e o seu primeiro podio, ao finalizar terceiro na Volta á Comunidade Valenciana. En 2005 quedou de quinto na volta portuguesa e duodécimo na española, e en 2006 chegou a súa primeira gran vitoria como profesional, ao conseguir a primeira posición na Volta a Portugal, onde ademais gañou a oitava tirada (Favaios-Guarda) e mais a décima e última tirada (Idanha-a-Nova - Castelo Branco, contra o reloxo).

Ao ano seguinte non renova co equipo español, e ficha de novo por un conxunto profesional portugués, o Duja Tavira. Ese ano queda quinto na rolda lusa, e na edición seguinte, en 2008, volve obter o título de vencedor finalDavid Blanco gaña a Volta a Portugal , A Nosa Terra, 25 de agosto de 2008, consultado o 19 de setembro de 2009. En 2009 volve ser proclamado vencedor da Volta a Portugal logo da descualificación do portugués Nuno Ribeiro por dopaxeTres casos de dopaxe na Volta a Portugal, Vieiros, 18 de setembro de 2009, consultado o 19 de setembro de 2009. A eliminación de Ribeiro e do español Héctor Guerra por esa razón, converteuno ademais en vencedor de dúas tiradas. En 2010 volve gañar a Volta a PortugalDavid Blanco vuelve a coronarse en Portugal , La Voz de Galicia, 15 de agosto de 2010.

En setembro de 2010 asinou un contrato co equipo italiano Geox para a seguinte tempada.

No ano 2012 gañou por quinta vez a Volta a Portugal.David Blanco, rei de Portugal, Praza Pública, 27 de agosto de 2012

Vida persoal Actualmente reside en Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do corredor na web do Comunitat Valenciana (antiga)

Outros artigos Galegos no Giro de Italia

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Nados en Berna Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1975