O acromion, acromio ou apófise acromial é a parte superior da omoplata, onde se articula coa extremidade externa da clavícula formando a articulación acromiclavicular que non ten movemento.
É a continuación da espiña escapular, que se estende cara a axila en sentido oblicuo ascendente. Participa nas articulacións do ombreiro. Articúlase coa clavícula mediante a articulación acromioclavicular e co úmero na articulación glenoumeral. O seu extremo máis distal cobre a cavidade glenoide da escápula. Estrutura Superficies O acromion posúe dúas superficies, unha superior e unha inferior. A superficie superior está dirixida cara a arriba, cara a atrás e cara a fóra. É de natureza rugosa e permite a inserción de fibras do músculo deltoide. O resto atópase baixo a pel. A superficie inferior é menos relevante. Ten forma cóncava.
Bordos O bordo lateral ou externo é irregular e presenta dous ou tres tubérculos para a inserción do músculo deltoide. O bordo medial ou interno é máis pequeno có externo. É cóncavo e presta inserción ao músculo trapecio. Posúe unha pequena superficie que se articula coa clavícula (articulación acromioclavicular). O acromion infantil Durante a infancia o acromion posúe un foco de osificación propio, e está unido ao resto da escápula a través dunha cartilaxe. Nalgunhas ocasións o acromion non se solda ao resto do óso, formando un óso acromial propio. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Escápula