Claude Nicollier, nado en Vevey, Suíza, o 2 de setembro de 1944, é o primeiro astronauta suízo. Formou parte das misións STS-61, STS-75, STS-103 e STS-46.

Traxectoria Nicollier graduouse en física pola Universidade de Lausanne en 1970 e é máster en astrofísica pola Universidade de Xenebra en 1975. Tamén se graduou como piloto na Forza Aérea de Suíza en 1966, como piloto de aeroliña en 1974 e como piloto de probas en 1988.

Foi seleccionado como astronauta pola ESA en 1978, no primeiro grupo de astronautas europeos. Participou nas misións STS-61, STS-75, STS-103 e STS-46, pasando un total de 42,50 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-61 STS-75 STS-103 STS-46

Categoría:Astronautas de Suíza Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados no cantón de Vaud