Paolo Angelo Nespoli, nado en Milán (Italia) o 6 de abril de 1957, é un astronauta italiano que formou parte das misións STS-120, Soiuz TMA-20 e Soiuz MS-05, sendo membro das expedicións 26, 27, 52 e 53.
Traxectoria Nespoli graduouse en enxeñaría aeroespacial pola Universidade Politécnica de Nova York en 1989 e é máster en aeronáutica e astronáutica pola mesma universidade.
Foi seleccionado como astronauta pola ESA en xullo de 1998, participando nas misións STS-120, Soiuz TMA-20 e Soiuz MS-05, e sendo membro das expedicións 26, 27, 52 e 53 e pasando un total de 313,11 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-120 Soiuz TMA-20 Soiuz MS-05 Expedición 26 Expedición 27 Expedición 52 Expedición 53
Categoría:Astronautas de Italia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Milán