Jemima Moore, nada en Geelong o 18 de marzo de 1992, é unha atleta paralímpica de Australia que compite nas probas de 4x100 m relevos na categoría T53-54. Representou a Australia nos Xogos Paralímpicos de Pequín 2008 e Río 2016.
Traxectoria Naceu en Geelong, Victoria. Á idade de seis anos, colapsou debido a un raro virus espinal, afectando a parte baixa das súas costas e causándolle unha paraplexía incompleta a longo prazo.
Carreira deportiva Competiu nos Xogos Paralímpicos de Verán 2008 en Pequín, na China. Alí gañou unha medalla de prata na proba de relevos 4x100 metros feminino na categoría T53-54. Tamén competiu nos 100 metros individuais para atletas T54, pero terminou terceira na súa serie e non puido avanzar á final.
Moore tamén competiu nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, onde gañou unha medalla de prata nos relevos femininos de 4 × 400 m na categoría T53-54. Terminou en 11ª posición nos 100 m T54 e 10º os 800 m.
No Campionato Mundial de Para Atletismo de 2017 en Londres, Inglaterra, terminou décima nos eventos de 400 m T54, 800 m T53 e 1500 m T54. Moore foi unha das tres paratletas de Geelong, xunto a Martin Jackson e Sam McIntosh, seleccionadas para o Campionato.
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por Australia Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016 Categoría:Nados en Victoria, Australia