Gradín é unha pequena aldea localizada na parroquia de San Salvador de Toirán, do concello de Láncara (provincia de Lugo). Segundo o padrón continuo do INE en 2019 tiña 32 habitantes, 16 homes e 16 mulleres.
Patrimonio Neste lugar sitúase a capela de Gradín, ou capela do Rosario, que foi construída sobre o castro de Gradín. O edificio ten planta de cruz latina e dúas capelas laterais, ademais dunha cúpula sobre o presbiterio. Foi rehabilitada no ano 2012.
Lugares e parroquias Lugares de Toirán
Parroquias de Láncara
Notas
Categoría:Lugares de Láncara