miniatura|240px|Froitos Lithocarpus edulis é unha especie de árbore, pertencente á familia das fagáceas, do grupo dos chamados carballos de pedra, propio do Xapón.
Características As principais características desta especie son:Lithocarpus en elhogarnatural.com .
É unha árbore perennifolia que alcanza unha altura de 15 m na natureza, pero só chega aos 9 m nos espécimes cultivados. As súas follas son coriáceas e poden seren enteiras ou dentadas. As inflorescencias son similares ás do castiñeiro. As núculas son landras comestíbeis, pero de casca moi dura e de sabor amargo; conteñen taninos que poden eliminarse lavándoas con auga.
Uso É cultivado para su utilización como planta ornamental, e tamén para aproveitar os seus froitos como alimento.
Taxonomía Descrición Lithocarpus edulis foi descrita en 1916 polo botánico xaponés Takenoshin Nakai, baixo o nome de Qurcus edulis, e publicada en Cat. Sem. Tokyo 8.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Lithocarpus.
O epíteto específico edulis, é un termo latino que significa "comestíbel".edūlis en Charlton T. Lewis and Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press.edūlis en Lewis, Charlton, T. (1980): An Elementary Latin Dictionary. New York/Cincinnati/Chicago: American Book Company.edulis en Gaffiot, Félix (1934): Dictionnaire Illustré Latin-Français. Paris: Hachette.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Lithocarpus edulis Nakai no GBIF.Lithocarpus edulis en PlantList. Lithocarpus sublepidotus (Blume) Koidz. Pasania edulis (Makino) Makino Quercus edulis Makino (protónimo) Quercus glabra Siebold & Zucc. Quercus glabra var. micrococca Blume Quercus glabra var. sublepidota Blume Synaedrys edulis (Makino) Koidz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Lithocarpus edulis database Lithocarpus edulis picture
Categoría:Lithocarpus Categoría:Flora do Xapón Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1916