Juan Antelo Lamas, nado en Santiago de Compostela, foi un sindicalista e xornalista galego.

Traxectoria Foi un dos redactores da primeira etapa de El Corsario, foi detido a principios de abril de 1891 con Antonio Vidal Villanueva, o director do periódico, por publicar o artigo "Una protesta, atacando el culto católico";El Regional, 3-4-1891, p. 2. foi xulgado por inxurias ao director da Fábrica de Tabacos en xaneiro de 1892 por un artigo pulicado en El Corsario.La Voz de Galicia, 23-1-1892, p. 3. Foi encarcerado e deportado tras participar na folga de maio de 1891. Vencellado aos carpinteiros de Santiago de Compostela, foi un dos responsables da Sociedade de Carpinteiros e Ebanistas da cidade. Membro da sociedade de carpinteiros La Emancipacion, foi un dos fundadores da federación de carpinteiros en Barcelona en 1898. Foi director de La Emancipación. Logo da folga xeral de maio de 1901 tivo que exiliarse en Portugal para escapar da represión.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Diccionaire dels militants anarquistes

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes