Taeksi Unjeonsa (en ) é un filme sucoreano de 2017 dirixido por Jang Hoon e escrito por Eom Yu-na. É un filme dramático e de acciónA Taxi Driver (2017); Genres: Action, Drama, History - Metacritic protagonizado por Song Kang-ho, xunto con Thomas Kretschmann. Baséase nunha historia real e o filme céntrase nun condutor de taxi de Seúl que acaba por involucrarse sen querer no masacre de Gwangju en 1980. Baséase nas interaccións do xornalista alemán Jürgen Hinzpeter co condutor Kim Sa-bok; porén, como a identidade e o nome real de Kim eran descoñecidos no momento no que se fixo o filme (Hinzpeter só o coñecía como "Kim Sa-bok"), a maioría dos elementos referentes á súa vida persoal e ó que ocorreu fóra de Gwangju son ficticios.
O filme estreouse o 2 de agosto de 2017 en Corea do Sur. Recibiu moi boas valoracións por parte da crítica que eloxiou a súa visión única dos eventos do masacre de Gwangju, o seu peso emocional así como o personaxe principal e a relación con Hinzpeter. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme foi un grande éxito comercial, sendo o segundo filme de 2017 con maior recadación en Corea do Sur, e converténdose no décimo primeiro filme con maior recadación da historia do país.2017 South Korea Yearly Box Office Results - Box Office Mojo
Personaxes Principais Song Kang-ho como Kim Man-seob Un condutor de taxi viúvo que vive coa súa filla de once anos nunha pequena casa. É un home común da clase traballadora que coida da súa familia e ten pouco interese polas cuestións políticas. O personaxe baséase no condutor de taxi real Kim Sa-bok, que transportaba a Jurgen Hinzpeter até Gwangju. Kim permaneceu fóra da vida pública até a estrea do filme, e en setembro de 2017, despois do enorme éxito comercial e da crítica en Corea do Sur, a identidade de Kim foi finalmente confirmada polo seu fillo, Kim Seung-pil. O fillo de Kim compartiu cos medios de comunicación unha foto de seu pai xunto a Jurgen Hinzpeter e revelou que o seu pai morrera de cancro en 1984, catro anos despois dos eventos de Gwangju. Thomas Kretschmann como Jürgen Hinzpeter Un xornalista alemán. O personaxe baséase na vida de Jürgen Hinzpeter (1937–2016), o derradeiro xornalista alemán que filmou e reportou o masacre de Gwangju.
Secundarios
Yoo Hae-jin como Hwang Tae-sool Ryu Jun-yeol como Gu Jae-sik Park Hyuk-kwon como xornalista Choi Uhm Tae-goo como Sarxento de Primeira clase Park Yoo Eun-mi como Eun-jeong Choi Gwi-hwa como líder de DSC Cha Soon-bae como condutor Cha Shin Dam-soo como condutor Shin Ryoo Seong-hyeon como condutor Ryoo Park Min-hee como Kwon Joong-ryeong Lee Jeong-eun como muller de Hwang Tae-sool Kwon Soon-joon como Kang Sang-goo Yoon Seok-ho como fillo de Hwang Tae-sool Heo Jeong-do como marido da muller embarazada de Seúl Lee Bong-ryeon como muller embarazada de Seúl Lee Ho-cheol como Hong Yong-pyo Lee Young-yi como muller de Hong Yong-pyo Han Geun-sup como estudante universitario protestante Hong Wan-pyo como estudante universitario protestante
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Jang Hoon Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes ambientados en 1980