miniatura|Doja Cat en decembro de 2018 interpretando con motivo dunha festa pola saída do seu segundo álbum, Hot Pink Amalaratna Zandile Dlamini, nada nos Ánxeles o 21 de outubro de 1995 coñecida profesionalmente como Doja Cat, é unha cantante, rapeira, e letrista estadounidense. Fíxose popular en 2018 co lanzamento do vídeo musical da súa canción "Mooo!", que se converteu en viral. Posteriormente, asentou a súa carreira como creadora de vídeos musicais e cancións que acadaron ampla difusión en Internet, especialmente en aplicacións socias como TikTok.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de artistas no barrio de Tarzana na cidade dos Ánxeles. Súa nai, Deborah Elizabeth Sawyer, é unha pintora xudía-norteamericana e seu pai, Dumisani Dlamini, é un actor, compositor e produtor de cine surafricano de etnia zulú, coñecido pola súa participación no filme Sarafina!. Logo do seu nacemento, a familia viviu durante cinco anos en Rye, localidade do estado de Nova York para despois mudarse con súa nai para Oak Park en California; foi esta unha época da súa infancia na que practicou variados deportes, en especial patinaxe e no verán ía a Malibú a campamentos de surf. Tamén asistiu a clases de ballet, claqué e jazz , na súa casa era habitual escoitar a súa nai cantando temas de artistas como D ' Angelo, Jamiroquai, Tupac, Earth, Wind & Fire ou Erykah Badu. Con once anos viviu durante catro anos nun mosteiro hinduísta (asharm) en Sherman Oaks na cidade dos Ánxeles. Durante este tempo recibiu clases de breakdance e formou parte dun grupo de competición.
Con 16 anos deixou o instituto durante o primeiro ano e nos meses seguintes subiu cancións a SoundCloud que axiña retiraba, ata "So High" a finais de 2012. Foi nesa época que estableceu o seu nome artístico, Doja Cat, por un dos seus gatos e por unha variedade de marihuana"Chrizelda Kekana, "10 Things You Probably Didn't Know About Doja Cat — Including the Origin of Her Name", PopSugar, 26 de decembro de 2019.
En 2014 asinou con RCA Records para gravar co selo de Dr Luk, Kemosabe Records. O seu primeiro EP foi Purrr!, que a crítica definiu como R&B con influencia oriental, incluíase o tema "So High" que se relanzou como un sinxelo un pouco antes. A canción tamén apareceu no terceiro episodio da serie de televisión Empire. Doja Cat continuou a subir música en SoundCloud. A mediados De 2015, o rapeiro OG Maco anunciou que Doja Cat asinara con súa compañía, OGG. e a a finais de 2016, os dous artistas colaboraron en "Monster" do mixtape Children of the Rage (2017). Outras colaboracións desa época foron con Elliphant de Kemosabe ou con compañeiros de Soundcloud como Skoolie Escobar, Pregnant Boy e frumhere.
O 1 de febreiro de 2018 saíu o sinxelo "Roll with Us", que entrou na Global Viral 50 de Spotify e o 9 de marzo apareceron "Candy" e "Go to Town", este último acompañado dun vídeo musicale que recibiu eloxios pola súa voz delicada e a súa letra encantadora . O 30 de marzo de 2018 editouse o seu primeiro álbum de estudio, Amala.
O 10 de agosto de 2018 Doja Cat cargou en YouTube o vídeo musical, autopublicado completamente, "Mooo!". O tema constitúe unha canción humorística con letras absurdas nas que fantasía con ser unha vaca. O vídeo logrou a atención e os eloxios de artistas como Chance the Rapper, Katy Perry ou Chris Brown Debido á demanda popular tras o éxito do vídeo, Doja Cat lanzou un sinxelo de "Mooo!" o 31 de agosto de 2018. En febreiro de 2019 lanzou o sinxelo e vídeo de "Tia Tamera", con Rico Nasty, e pouco despois apareceu unha edición de luxo de Amala que incluía tres novas cancións, entre elas "Mooo!" e "Juicy", que logrou logrou máis de 21 millóns de visualizacións en YouTube. O remix de "Juicy", con Tyga e con vídeo musical propio, apareceu en agosto de 2019, e chegou ao Billboard Hot 100, primeiro no posto 83 ata finalizar no 41 miniatura|217x217px|Doja Cat nos premios BET de 2019
O 26 de outubro de 2019 lanzou o sinxelo "Rules" e o seu segundo álbum de estudio Hot Pink apareceu o 7 de novembro de 2019 e logrou chegar ao número 9 da Billboard 200 e asenade o seu primeiro álbum, Amala entraba tamén na lista do Billboard 200 por primeira vez no número 138. A finais de novembro de 2019, o seu sinxelo "Candy" que se editara en marzo de 2018, xerou un reto viral de baile na plataforma TikTok e entrou, no número 86, no Billboard Hot 100 así como en listas de Australia, Canadá e Irlanda. O 15 de decembro de 2019, Doja Cat gravou "Boss Bitch" para a banda sonora do filme de superheroes Birds of Prey. O sinxelo entrou nas listas de 28 países, entre eles os Estados Unidos, o Canadá, Francia, Italia, o Xapón e o Reino Unido.
O tema "Say So", que se editara orixinalmente no álbum Hot Pink, enviouse para a súa difusión ás emisoras de radio o 28 de xaneiro de 2020 tras lograr gran difusión na plataforma TikTok. Doja Cat interpretou a canción en The Tonight Show Starring Jimmy Fallon o 26 de febreiro e o día seguinte saíu o vídeo musical, dirixido por Hannah Lux Davis e o tema chegou ao número 5 de Hot 100 para se converter no primeiro sinxelo de Doja Cat que se colocaba entre os dez primeiros e pasou a ser a canción dunha artista feminina máis descargada nos Estados Unidos dos primeiros tres meses de 2020
Por mor da crise do pandemia de COVID-19 tivo que suspender unha xira de concertos para presentar o seu álbum Hot Pink. En maio de 2020 tras a saída dun remix de "Say So" con Nicki Minaj, o sinxelo chegou a número ao alto do Billboard Hot 100, o primeiro número un para ambos os dous artistas e foi tamén a primeira colaboración de artistas femininas dende "Fancy" de Iggy Azalea con Charli XCX e a primeira colaboración feminina de rap en estar no cume da lista.
Notas
Categoría:Estadounidenses de ascendencia surafricana Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Letristas Categoría:Personalidades do hip hop Categoría:Rapeiros dos Estados Unidos de América