Manuel Octavio Gómez, nado na Habana o 14 de novembro de 1934 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 1988, foi un director de cine e escritor cubano, de orixe galega.
Traxectoria Naceu na Habana, sendo fillo de galegos emigrados. Combateu na guerrilla de Fidel Castro en Sierra Maestra e foi membro da sección de cine do Exército Rebelde. Tras o triunfo da Revolución Cubana fundou o Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC).
O seu filme de 1971 Los días del agua foi seleccionado para o 7º Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde gañou o premio FIPRESCI.
Faleceu na Habana o 2 de xaneiro de 1988, un mes antes da estrea en Santiago de Compostela do seu último filme, Galego.
Filmografía Historia de una batalla (1962) Cuentos del Alhambra (1963) El encuentro (1964) La salación (1966) Tulipa (1967) La primera carga al machete (1969) Los días del agua (1971) Ustedes tienen la palabra (1973) La tierra y el cielo (1976) Una mujer, un hombre, una ciudad... (1978) ¡Patakín! quiere decir ¡fábula! (1981) El señor presidente (1983) Galego (1988)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo de Santiago Juan-Navarro sobre La primera carga al machete, de Manuel Octavio Gómez
Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Directores de cinema de Cuba Categoría:Cubanos de ascendencia galega