Rundskop é un filme belga de 2011 escrito e dirixido por Michaël R. Roskam e protagonizado por Matthias Schoenaerts. O filme conta unha historia sobre o uso de hormonas de crecemento no gando e unha organización ou "mafia de hormonas", así como a historia de Jacky Vanmarsenille, un mozo granxeiro limburgués que comeza a facer negocios cun comerciante Flandres Occidental. Porén, o asasinato dun policía federal e o inesperado enfrontamento cun misterioso segredo do pasado de Jacky, poñen0 en marcha unha serie de acontecementos con consecuencias importantes.

Foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 84ª edición dos premios, mais finalmente perdeu contra Jodái-e Náder az Simin. Foi rodado principalmente en truierlands, un dialecto da lingua limburguesa.

Personaxes Matthias Schoenaerts como Jacky Vanmarsenille Jeroen Perceval como Diederik Maes 'Rikkie' Jeanne Dandoy como Lucia Schepers Barbara Sarafian como Eva Forrestier Tibo Vandenborre como Anthony De Greef Frank Lammers como Sam Raymond Sam Louwyck como Marc de Kuyper David Murgia como Bruno Schepers

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Michaël R. Roskam Categoría:Filmes rodados en Bélxica Categoría:Filmes ambientados en Bélxica