A Casa da Moeda de Finlandia (en finés: Suomen Rahapaja; en sueco: Myntverket i Finland) é a ceca nacional de Finlandia.
Historia A Casa da Moeda foi establecida por decisión de Alexandre II de Rusia o 19 de abril de 1860 cando o marco (markka) se converteu na moeda oficial do Gran Ducado de Finlandia, e a produción das moedas do novo sistema comezou o 15 de outubro de 1864."Mint of Finland’s story ". Mint of Finland. A ceca situouse inicialmente no distrito Katajanokka, en Helsinqui, e en 1988 abríronse unhas novas instalacións en Vantaa."The History of Mint of Finland". Mint of Finland.
En 1878 cuñáronse as primeiras moedas de ouro, con valores faciais de 10 e de 20 marcos, logo de que Finlandia asumira o padrón ouro.
esquerda|miniatura|190px|20 marcos de ouro de 1912 coa aguia imperial rusa
En 1918, ao acadar o país a súa independencia da Rusia bolxevique, substituíu a tradicional aguia bicéfala que caracterizaba as súas moedas pola figura dun león, símbolo do novo estado, e as follas de carballo deron paso ás espigas de millo e ás pólas de abeto, como representación da economía finlandesa.
En 1951, a Casa da Moeda de Finlandia cuñou a súa primeira moeda conmemorativa, con motivo dos Xogos Olímpicos de 1952 en Helsinqui; esta foi a primeira moeda de tema olímpico emitida no mundo e abriu a porta a unha gran cantidade de emisións conmemorativas posteriores na ceca finlandesa."500 Markkaa Olympic Games". Numista. Un cambio significativo na produción da ceca veu dado en 1998, ao se incorporar á produción da nova moeda europea: o euro. Os traballos comezaron ese mesmo ano e as primeiras moedas cuñáronse con data de 1999, aínda que, como no resto da Eurozona, non se puxeron en circulación ata 2002. miniatura|90px|Euro de Finlandia A Casa da Moeda de Finlandia foi un establecemento dependente directamente do estado ata 1993, cando pasou a constituírse nunha sociedade pública de responsabilidade limitada. En 2001 adquiriulle a Real Casa da Moeda de Suecia ao Banco Central de Suecia e en 2003 adquiriu a metade das accións da Real Casa da Moeda de Noruega, aínda que, finalmente, en 2015 a compañía Samlerhuset adquiriulle á ceca finlandesa a súa participación na norueguesa.
Ademais das moedas de curso legal no seu país, a Casa da Moeda de Finlandia produce tamén moedas para diversos países como Estonia, Grecia, Luxemburgo, Eslovenia, Chipre, Irlanda, Nicaragua, Honduras e Colombia, así como todas as moedas suecas con valor facial en coroas a partir de 2008."Minting of Estonia’s Euro Coins Begins in Finland". En Yle. 20 de xullo de 2010."Finskt myntverk ska sätta prägel på svenska kronan". En Dagens Nyheter. 2 de novembro de 2007 De feito, as exportacións supoñen o 95 % da facturación da compañía en 2017.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de moeda Cuñaxe Economía de Finlandia
Ligazóns externas
Sitio web da Casa de Moeda de Finlandia
Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Finlandia Categoría:Moedas de Suecia Categoría:Empresas de Finlandia Categoría:Historia de Finlandia