A dos camaleoninos (Chamaeleoninae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, unha das dúas nas que se subdivide a familia dos camaleónidos (a outra é a dos brooquesiinos).

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1986 polos herpetólogos alemáns Charles J. Klaver e Wolfgang Böhme.Klaver, C. & Böhme, W. (1986): "Phylogeny and classification of the Chamaeleonidae (Sauria) with special reference to hemipenis morphology". Bonner Zoologische Monographien 22: 1–64.

Etimoloxía O nome científico, Chamaeleoninae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, Chamaeleon, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio das subfamilias de animais.

Controversias taxonómicas Na primeira clasificación de Klaver e Böhme, a subfamilia dos Brookesiinae incluía os xéneros Brookesia e Rhampholeon, así como os dous xéneros que despois se separaron deles (Palleon e Rieppeleon),Subfamily Brookesiinae no ITIS. mentres que a dos Chamaeleoninae incluía os xéneros Bradypodion, Calumma, Chamaeleo, Furcifer e Trioceros, así como outros xéneros despois divididos (Archaius, Nadzikambia e Kinyongia). Porén, nese momento, a validez desta clasificación en dúas subfamilias foi obxecto de moitos debates, considerando que a maioría dos estudos filoxenéticos apoiban a idea de que os camaleóns pigmeos da subfamilia dos Brookesiinae non son un grupo monofilético.

Porén, en 2015, Glaw reformulou a división subfamiliar situando só os xéneros Brookesia e Palleon dentro da subfamilia dos Brookesiinae, situándose todos os demais xéneros na dos Chamaeleoninae.<ref name="Glaw 2015">Glaw, F. (2015): "Taxonomic checklist of chameleons (Squamata: Chamaeleonidae)". Vertebrate Zoology ''65 (2): 167–246.</ref>

Por outro lado, antigamente Trioceros considerábase como un subxénero de Chamaeleo, até que Tilbury & Tolley (2009) elevárono á categoría de xénero. Desde entón, dúas novas especies foron descritas no xénero Trioceros, por Krause & Böhme (2010), e Stipala et al. (2011). Estas dúas novas especies non foron publicadas en combinación co nome xenérico Chamaeleo, o que supón un problema para a citación destes nomes na Wikipedia, a non ser que Trioceros sexa tratado como un xénero pleno, seguindo Tilbury & Tolley (2009).

Clasificación Na actualiade, na subfmilia recoñécene os dez xéneros seguintes:Chamaeleoninae en WikiMili The Free Encyclopedia . Archaius J. E. Gray Bradypodion Fitzinger, 1843 Calumma J. E. Gray Chamaeleo Laurenti, 1768 Furcifer Fitzinger, 1843 Kinyongia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Nadzikambia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Rhampholeon Günther, 1874 Rieppeleon Matthee, Tilbury & Townsend, 2004 Trioceros Swainson, 1839

Por outra parte, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só recoñece oito:Chamaeleoninae no ITIS. Archaius Gray, 1865 Bradypodion Fitzinger, 1843 Calumma Gray, 1865 Chamaeleo Laurenti, 1768 Furcifer Fitzinger, 1843 Kinyongia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Nadzikambia Tilbury, Tolley & Branch, 2006 Trioceros Swainson, 1839

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Davison, Linda J. (1997): Chameleons: Their Care and Breeding. Surrey, Columbia Británica, Canadá: Hancock House Publishers. ISBN 978-0-8883-9353-1. Le Berre, François & Bartlett, Richard D. (2009): The Chameleon Handbook. 3rd Edition. Hauppauge, Estado de Nova York: Barron's Educational Series. ISBN 978-0-7641-4142-3. Stipalia et al. (2012): "A new species of chamaeleon (Squamata: Cmamaeleonidae) from the Aberdare Mountains in the central highlands of Kenya". Zootaxa: 3391: 1-22. Tilbury, C. R. & Tolley, K. A. (2009): "A re-appraisal of the systematics of the African genus Chamaeleo (Reptilia: Chamaeleonidae)". Zootaxa, 2079: 57–68. Resume. Tilbury, C. R.; Tolley, K. A. & Branch, W. R. (2006): "A review of the systematics of the genus Bradypodion (Sauria: Chamaeleonidae), with the description of two new genera. Zootaxa, 1363''': 23–38. Resume

Outros artigos Escamosos Lacertilios Iguanios

Ligazóns externas Chamaeleonidae en The Reptile Database.

Categoría:Saurópsidos Categoría:Escamosos