Carlos Valcárcel Riveiro, nado en Mourente (Pontevedra) o 3 de setembro de 1972, é profesor na Universidade de Vigo, experto en Lingüística Francesa, Didáctica das linguas estranxeiras e Lexicografía.
Traxectoria Profesor de Didáctica do Francés na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra na Universidade de Vigo, é Doutor en Filoloxía Románica dende 2007. Imparte docencia en varios mestrados, entre os que se atopa o Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía (EMLex), é membro da rede de Lexicografía RELEX e do grupo de investigación dos proxectos PORTLEX, MultiGenera e MultiComb.
As súas áreas de interese son múltiples e variadas: é experto en Sociolingüística, traballa na área do PLN e avoga pola implantación das ferramentas informáticas en todos os ámbitos da Ciencia (especialmente no campo da Lingüística e da Lexicografía) e da Docencia. Proba diso son os seus traballos no eido da Lexicografía colaborativa, alén dos seus esforzos por promover a participación de persoas expertas e alumnado en iniciativas como as edicións do HACKFEST: Edita pa' diante (2018) e Dicionariando (2019).
É compositor e vocalista no grupo de música electrónica Projecto Mourente.
Obras
Escritos sobre lexicografía plurilingüe especializada (ed. xunto con Terencia Silva). Granada: Comares, 2016. Lexicografía de las lenguas románicas II. Aproximaciones a la lexicografía moderna y contrastiva (ed. xunto con María José Domínguez Vázquez, Xavier Gómez Guinovart). Berlín: De Gruyter, 2015. Points de vue sur la complémentation (éd. avec Antoine Gautier, Laura Pino Serrano). Bruxelles: Duculot, 2014. ComplémentationS. Avec Antoine Gautier, Laura Pino Serrano. PIE-Peter Lang, 2014. Xeolingüística da periferia románica atlántica: linguas e lugares. [Recurso electrónico] [Santiago de Compostela]: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008. Do rural ao urbano. Tentativa dunha analise xeolingüística do concello de Pontevedra. Pontevedra: Servizo de Publicacións, Deputación Provincial de Pontevedra, 2002. Desenvolvemento urbano e difusión xeolingüística: algúns apuntamentos sobre o caso galego. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web da Universidade de Vigo Sitio web de PORTLEX Sitio web da Rede de Lexicografía RELEX Sitio web do Mestrado Erasmus Mundus en Lexicografía EMLex Sobre o Projecto Mourente
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Filólogos de Galicia