Diego Romero Fraga, nado en Cuntis o 20 de novembro de 1990, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Gañou nove medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2010 e 2019 (sete delas de ouro), e seis medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón nos anos 2018 e 2019 (dous ouro e catro bronces).

Traxectoria Debutou internacionalmente no 2009, cun 12º posto no Europeo de Maratón de Polonia en C1 e un sexto posto no Campionato Mundial, en Portugal, na categoría C2, formando parella con Álvaro Rodríguez. Ao ano seguinte logrou a súa primeira medalla, unha prata no C2 do Mundial celebrado en Banyoles, xunto a Cristian Ribadomar, resultado que repetiu na mesma categoría tres anos despois no Mundial en Copenhague, esta vez con Tono Campos como compañeiro.

Tras varios Europeos e Mundiais rematando entre o 5º e o 9º posto, volveu ao podio en 2018, subindo por primeira vez ao máis alto, tanto no campionato continental como no Mundial de Vila Verde, en ambas ocasións facendo parella con Óscar Graña. En 2019, no Europeo celebrado en Francia participou en dúas categorías: C1 en distancia curta, rematando en quinto lugar, e C2, logrando a medalla de bronce xunto a Tono Campos. No Campionato do Mundo da China, competiu nas mesmas dúas categorías, levando o ouro en ambas: gañou no C1 en distancia curta, por diante de Tono Campos, segundo; e venceu no C2, co propio Campos como compañeiro.

Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2010 Banyoles () Prata C2 2013 Copenhague () Prata C2 2018 Vila Verde () Ouro C2 2019 Shaoxing () Ouro C1 2019 Shaoxing () Ouro C22021Pitești () OuroC22022Ponte de Lima () OuroC22022Ponte de Lima () OuroC1 2023Vejen () OuroC2 Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2018 Metković () Ouro C2 2019 Decize () Bronce C22022Silkeborg () OuroC22023Slavonski Brod () BronceC1 2024Poznan () BronceC12024Poznan () BronceC2

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tono Campos Óscar Graña Ligazóns externas

Diego Romero Fraga en CanoeResults.eu .

Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1990 Categoría:Piragüistas de Galicia