miniatura|250x250px|Proba do Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2018 O piragüismo en maratón é un deporte no que os piragüistas vogan un caiac ou unha canoa sobre unha longa distancia.

Se ben a Federación Internacional de Piragüismo establece que as distancias estándar son ata 30 km, moitas carreiras son máis longas. Moitas probas inclúen seccións de ríos con correntes e portaxes para superar obstáculos. Non é unha modalidade olímpica e a máxima competición deste deporte é o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón.

Clases As probas de piragüismo en maratón divídense xeralmente en diferentes clases. As máis comúns son:

K1 K2 K4 C1 C2

K refírese a un caiac e C a canoa. O número fai referencia ao número de padexeiros por embarcación.

Distancias As distancias varían dependendo da clase, o sexo ou a idade. As distancias acostuman a ser as seguintes:

30 km: para as categorías caiac masculino sénior.

26.25 km: para as categorías canoa, caiac feminino sénior e caiac masculino sub23.

22.5 km: para as categorías canoa e caiac feminino sub23 e caiac masculino júnior.

18.75 km: para as categorías canoa e caiac feminino júnior.miniatura|250x250px|Tono Campos, cinco veces campión do mundo de piragüismo en maratón, realizando un tramo de portaxe.

Portaxes Unha portaxe é aquela fase da competición na que o participante debe baixar da embarcación e cargar con ela a pé unha distancia de entre 100 e 300 metros en dirección ao punto no que debe continuar a súa carreira na auga.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón Piragüismo en augas tranquilas Slálom (piragüismo)

Categoría:Piragüismo