Mannequin Pussy é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Filadelfia, Pensilvania. Ata a data o grupo leva publicados tres álbums, os dous primeiro a través do selo Tiny Engines e o último a través de Epitaph Records. O seu traballo máis recente, Patience, foi editado no ano 2019 con críticas favorables.

Historia

Primeiros anos e Gypsy Pervert/Mannequin Pussy Mannequin Pussy foi formada en outubro de 2010 polos amigos Marisa "Missy" Dabice e Athanasios Paul, que se coñeceran ao ir xuntos ao mesmo colexio. A banda era inicialmente un dueto, con Dabice como guitarrista e vocalista e Paul como batería. En 2011 editaron dous EPs, titulados Bonerjamz! e Meatslave. Unha das súas cancións, "Clue Juice", aparece en Leisure Rules, un recompilatorio aparecido só en casete e editado en xullo de 2012 a través do selo Of Effort en Bandcamp. Ese mesmo mes, 13 das súas cancións foron publicadas nunha cara dun casete compartido de xira chamado Banditos, coa banda de Idaho Art Fad a través do selo Trash Palace Tapes.

A principios de 2013, Drew Adler uniuse á banda como batería e Paul pasou a tocar a guitarra. O seu primeiro álbum, Gypsy Pervert, foi publixado en outubro de 2013 como unha edición limitada só en casete a través do selo Rarebit Records. En novembro dese ano unha das súas cancións apareceu no recompilatorio The Le Sigh Vol. 1 Compilation.

En 2014 Mannequin Pussy fichou por Tiny Engines. Ese mesmo ano a banda reeditou o seu álbum de estrea coa súa nova discográfica. O disco foi posteriormente renomeado Mannequin Pussy despois de que a banda considerase o termo "gypsy" despectivo contra o pobo xitano.

Romantic e Patience En 2015 Kaleen Reading uniuse ao grupo como batería para substituír a Drew Adler. En 2016 uniuse a eles o baixista Colins "Bear" Regisford. Mannequin Pussy publicou o seu segundo álbum a través de Tiny Engines, titulado Romantic, en outubro dese ano. O tema de mesmo nome chegou ao número 14 da lista da Rolling Stone das 50 mellores cancións de 2016.

O 30 de maio de 2017 Mannequin Pussy estreou un video musical para a canción "Pledge" na súa canle de YouTube. Pouco despois, no mes de xuño, a banda iniciou unha xira europea seguida por concertos nos Estados Unidos entre xullo e setembro. miniatura|252x252px|Marisa "Missy" Dabice en 2021 En 2019 Mannequin Pussy anunciou que fichara por Epitaph Records. O 24 de abril a banda publicou o sinxelo "Drunk II" e anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Patience. O video de "Drunk II", dirixido por Dabice, represéntaa namorándose de tres persoas diferentes nun bar. Antes do lanzamento do álbum, Mannequin Pussy publicou os sinxelos "Who You Are" o 20 de maio e "Cream" o 17 de xuño. O videoclip de "Cream", dirixido por Hanna Hamilton, inspirouse nas películas de terror dos anos 70.

En novembro de 2019 Tiny Engines, o antigo selo da banda, entrou en hiato debido a unha disputa contable sobre artistas que non foron pagados, entre eles Mannequin Pussy.

En marzo de 2020 Mannequin Pussy viuse forzada a cancelar ou adiar concertos da súa xira debido á pandemia de COVID-19. O 2 de marzo de 2021, Dabice apareceu como axente do FBI no video musical da canción "Be Sweet" de Japanese Breakfast.

Presente O 18 de marzo de 2012 anunciouse que Paul deixara o grupo para "comezar un novo capítulo da súa vida" e que Mannequin Pussy continuaría como un trío. O 23 de marzo a banda anunciou o EP Perfect, e lanzou o seu primeiro sinxelo, "Control". Un segundo sinxelo, "Perfect", foi editado o día 26 de abril.

Dúas cancións de Mannequin Pussy, "Who You Are" e "In Love Again", foron interpretadas na miserie de 2021 de HBO Mare of Easttown pola banda ficticia Androgynous.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloMannequin Pussy2014Tiny EnginesRomantic2016Tiny EnginesPatience2019Epitaph RecordsI Got Heaven2024Epitaph Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bandcamp da banda

Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2010