Local H é unha banda estadounidense de rock alternativo formada orixinalmente polo guitarrista e vocalista Scott Lucas, o baixista Matt Garcia, o batería Joe Daniels e o guitarrista John Sparkman en Zion, Illinois. Todos os membros coñecéronse no instituto no ano 1987 e fundaron Local H en 1990.

Tras a marcha de Sparkman en 1991 e de Garcia en 1993, Local H asinou un contrato discográfico con Island Records en 1994 como dúo, selo co que publicarían tres álbums. Fixéronse coñecidos grazas ao seu éxito "Bound for the Floor", un sinxelo do seu álbum de 1996 As Good as Dead que chegou ao número 5 na lista estadounidense Alternative Billboard Chart. O disco As Good As Dead tamén foi certificado ouro. Daniels foi substituído por Brian St. Clair en 1999, e o grupo editou catro álbums e catro EPs con St. Clair na batería. O seu derradeiro concerto con Local H foi en 2013. No mes de novembro dese ano Ryan Harding foi anunciado como novo batería, e a banda publicou o seu último álbum ata a data, Hey, Killer, en 2015.

Segundo a conta do grupo en Twitter, o seu nome procede da combinación de dúas cancións de R.E.M.: "Oddfellows Local 151" e "Swan Swan H".

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloHam Fisted1995Island RecordsAs Good as Dead1996Island RecordsPack Up the Cats1998Island RecordsHere Comes the Zoo2002Palm PicturesWhatever Happened to P.J. Soles?2004Studio ETwelve Angry Months2008Shout! FactoryHallelujah! I'm A Bum2012Slimstyle RecordsHey, Killer2015G&P Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Illinois Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-grunge Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1990