dereita|miniatura|Placa en homenaxe aos catro falecidos en Chavaga no cemiterio de Monforte de Lemos. Gregorio Colmenero Fernández, coñecido como Porreto, nado en La FelgueraAlgunhas fontes afirman que naceu en Ribas de Sil en 1923 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista. Traxectoria En 1942 aparece na guerrilla baixo as ordes de Mario Rodríguez Losada. A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Produciuse un combate que tivo como resultado a súa morte xunto a doutros tres guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", e Julián Acebo Alberca "Guardiña".La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Gregorio Colmenero Fernández "O Porreto"
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en La Felguera Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1949