miniatura|260px|Tumba de Hume no Cemiterio de Brookwood.
Allan Octavian Hume, nado o 4 de xuño de 1829 en St. Mary Cray, Condado de Kent, e finado o 31 de xullo de 1912 en Londres,Moulton, Edward C. (2004): "Hume, Allan Octavian (1829–1912)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. foi un administrador colonial, reformador político, biólogo e ornitólogo inglés que traballou na India británica.
Traxectoria Hume foi un dos fundadores do Congreso Nacional Indio (máis coñecido como Partido do Congreso). Notábel ornitólogo, foi chamado "o pai da ornitoloxía india" e, para aqueles que non encontran este título dogmático, "o papa da ornitoloxía india".
A colección de aves de Hume foi embalada en 47 caixas de madeira de cedro do Himalaia construídos in situ sen cravos que puideran danar os exemplares; cada caixa pesaba aproximadamente media tonelada, e foi transportada nun carriño de bois até Kalka e, finalmente, ao porto de Bombai.
O material, que se dirixiu ao Museo Británico en 1885 constaba de 82 000 espécimes, dos cales 75 577 foron finalmente situados no Museo.Anón.(1885): "The Hume Collection of Indian Birds". Ibis 3 (4): 456–462.
Hume deixou a India en 1894 e estableceuse en The Chalet, Kingswood Road, no sur de Londres. Morreu aos oitenta e tres anos o 31 de xullo de 1912. As súas cinzas foron enterradas no cemiterio de Brookwood."Obituary". Yorkshire Post and Leeds Intelligencer. British Newspaper Archive. 1 de agosto de 1912. p. 8.
Algúns taxons descritos por Hume Hume describiu moitas especies, algunhas das cales hoxe son consideradas como subespecies. Un único nome de xénero que describiu sobrevive en uso, mentres que outros como Heteroglaux Hume, 1873, úsanse como sinónimo a día de hoxe.Collar, N. J. & Prys-Jones, R. P. (2012): "Pioneers of Asian ornithology. Allan Octavian Hume". BirdingASIA 17: 17–43.Moulton, Edward (2003): "The Contributions of Allan O. Hume to the Scientific Advancement of Indian Ornithology". En J. C. Daniel & G. W. Ugra (eds.) Petronia: Fifty Years of Post-Independence Ornithology in India. New Delhi, India: BNHS, Bombay & Oxford University Press. pp. 295–317.Ripley, S. Dillon (1961): "A Synopsis of the Birds of India and Pakistan". Bombay, UK: Bombay Natural History Society.
No seu concepto de especie, Hume era un esencialista e consideraba que diferenzas pequenas pero constantes definían as especies. Apreciaba as ideas da especiación, e aínda que contradicía a screación divina, preferiu manter unha posición que non rexeitaba a un Creador.Haffer, J. (1992): "The history of species concepts and species limits in ornithology". Bull. B.O.C. Centenary Supplement 112A: 107–158.Hume, A. O. (1875): "What is a species?". Stray Feathers 3: 257–262.
Xénero Ocyceros Hume, 1873
Especies
Anas albogularis (Hume, 1873) Perdicula manipurensis Hume, 1881 Arborophila mandellii Hume, 1874 Syrmaticus humiae (Hume, 1881) Puffinus persicus Hume, 1872 Ardea insignis Hume, 1878 Pseudibis davisoni (Hume, 1875) Gyps himalayensis Hume, 1869 Spilornis minimus Hume, 1873 Buteo burmanicus Hume, 1875 Sternula saundersi (Hume, 1877) Columba palumboides (Hume, 1873) Phodilus assimilis Hume, 1877 Otus balli (Hume, 1873) Otus brucei (Hume, 1872) Strix butleri (Hume, 1878) Heteroglaux blewitti Hume, 1873 Ninox obscura Hume, 1872 Tyto deroepstorffi (Hume, 1875) Caprimulgus andamanicus Hume, 1873 Aerodramus maximus (Hume, 1878) Psittacula finschii (Hume, 1874) Hydrornis oatesi Hume, 1873 Hydrornis gurneyi (Hume, 1875) Rhyticeros narcondami Hume, 1873 Megalaima incognita Hume, 1874 Podoces hendersoni Hume, 1871 Podoces biddulphi Hume, 1874 Pseudopodoces humilis (Hume, 1871) Mirafra microptera Hume, 1873 Alcippe dubia (Hume, 1874) Stachyridopsis rufifrons (Hume, 1873) Cyornis olivaceus Hume, 1877 Oenanthe albonigra (Hume, 1872) Dicaeum virescens Hume, 1873 Pyrgilauda blanfordi (Hume, 1876) Ploceus megarhynchus Hume, 1869 Spinus thibetanus (Hume, 1872) Carpodacus stoliczkae (Hume, 1874) Gampsorhynchus torquatus Hume, 1874 Sylvia minula Hume, 1873 Sylvia althaea Hume, 1878 Phylloscopus neglectus Hume, 1870 Horornis brunnescens (Hume, 1872) Yuhina humilis (Hume, 1877) Pteruthius intermedius (Hume, 1877) Certhia manipurensis Hume, 1881 Calandrella acutirostris Hume, 1873 Pycnonotus fuscoflavescens (Hume, 1873) Pycnonotus erythropthalmos (Hume, 1878)
Obras My Scrap Book: Or Rough Notes on Indian Oology and Ornithology (1869). List of the Birds of India (1879). The Nests and Eggs of Indian Birds (3 volumes). Game Birds of India, Burmah and Ceylon (3 volumes). Hints on Esoteric Theosophy Agricultural Reform in India (1879). Lahore to Yarkand. Incidents of the Route and Natural History of the Countries Traversed by the Expedition of 1870 under T. D. Forsyth. Stray Feathers (11 volumes + índice por Charles Chubb).
Abreviatura A abreviatura Hume emprégase para recoñecer a Allan Octavian Hume como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Científicos da India Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1829 Categoría:Nados no condado de Kent, Inglaterra Categoría:Finados en 1912