Manuel Fernández Cortinas, nado en Lugo en 1905 e finado en Dnipropetrovsk o 22 de xuño de 1978, foi un político e militar galego.

Traxectoria Nado en Lugo en 1905. Ingresou no Partido Comunista de España en 1928, onde desenvolveu unha intensa actividade durante a Segunda República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uniuse ás milicias populares. Durante a guerra foi comandante das brigadas mixtas 37.ª e 42.ª, na fronte de Madrid. En marzo de 1939, durante o golpe de Casado, Fernández Cortinas mantívose leal ao goberno Negrín. As tropas da 42.ª Brigada Mixta saíron do seu sector e chegaron a ocupar os Nuevos Ministerios, aínda que o contragolpe anti-casadista acabou fracasando. Coa derrota republicana marchou ao exilio, instalándose na Unión Soviética.

Na URSS traballou como obreiro en Crimea e Dnipropetrovsk. Morreu en Dnipropetrovsk o 22 de xuño de 1978.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

42ª Brigada Mixta

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Rusia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes