Joker é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Todd Phillips, quen tamén escribiu o guión xunto a Scott Silver. O filme, baseado nos personaxes de DC Comics, está protagonizado por Joaquin Phoenix como o Joker. Unha historia orixinal ambientada en 1981, o filme conta a historia de Arthur Fleck, un comediante fracasado que empeza unha vida de crime e caos en Gotham City. Robert De Niro, Zazie Beetz, Frances Conroy, Brett Cullen, Glenn Fleshler, Bill Camp, Shea Whigham e Marc Maron interpretan os papeis secundarios. Joker foi producido por Warner Bros. Pictures, DC Films e Joint Effort en asociación con Bron Creative e Village Roadshow Pictures, sendo distribuído por Warner Bros.
Phillips concibiu Joker en 2016 e escribiu o guión xunto con Silver ó longo de 2017. Os dous estiveron inspirados polos estudos do personaxe da década de 1970 e os filmes de Martin Scorsese, que foi incluído inicialmente no proxecto como un produtor. A novela gráfica Batman: The Killing Joke (1988) foi a principal base da premisa, pero por outra banda Phillips e Silver non se centraron en ningún volume de banda deseñada en específico na busca de inspiración. Phoenix sumouse ó proxecto en febreiro de 2018 e foi escollido como protagonista en xullo, mentres que a maioría do resto do elenco incorporouse en agosto. A fotografía principal fíxose nas cidades de Nova York, Jersey City, e Newark, entre setembro e decembro de 2018. É o quinto filme de acción baseado no universo de Batman en recibir unha clasificación de +18 pola Motion Picture Association of America, por mor do seu contido violento e perturbador.
Joker estreouse na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2019, onde gañou o León de Ouro, e estreouse nos Estados Unidos o 4 de outubro de 2019. O filme polarizou a crítica; mentres que a interpretación de Phoenix foi amplamente eloxiada, o seu ton escuro, a representacións das doenzas mentais e a violencia dividiron as opinións. Joker tamén xerou preocupación por posibles imitadores na vida real nos Estados Unidos, e o cinema onde ocorreu o masacre de Aurora de 2012 nunha proxección de O cabaleiro escuro rexeitou estreala. O filme recadou máis de 606 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no décimo filme con maior recadación de 2019 e marcando récords dunha estrea no mes de outubro.
Personaxes Joaquin Phoenix como Arthur Fleck / Joker Robert De Niro como Murray Franklin Zazie Beetz como Sophie Dumond Frances Conroy como Penny Fleck Brett Cullen como Thomas Wayne
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Todd Phillips Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro Categoría:Filmes ambientados en 1981 Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes sobre políticos