William Spencer Vickrey, nado en Victoria (Columbia Británica o 21 de xuño de 1914 e finado en Harrison (Nova York) o 11 de outubro de 1996 foi un profesor de economía canadense. Vickrey foi galardoado co premio Nobel de Economía en 19966 con James Mirrlees polas súas investigacións na teoría económica dos incentivos baixo información asimétrica, converténdose no primeiro premio Nobel nado na Columbia Británica.

O anuncio do premio tivo lugar xusto tres días antes do seu pasamento. Vickrey faleceu mentres viaxaba a unha conferencia sobre estudos georgistas que el axudara a fundar e á que non faltara en vinte anos.Netzer, Dick (novembro de 1996). "Remembering William Vickrey". Land Lines. 8 (6). Consultado o 2 de setembro de 2016. O seu colega do departamento de economía da Universidade de Columbia C. Lowell HarrissC. Lowell Harriss aceptou o premio no seu nome. Só hai outros tres casos en que o premio Nobel fose presentado postumamente.

Traxectoria Primeiros anos Vickrey naceu en Columbia Británica e asistiu ao instituto na Phillips Academy en Andover, Massachusetts. Despois de obter o seu Bacharelato de Ciencias en matemáticas na Universidade Yale en 1935, continuou a completar o seu mestrado en 1937 e o seu doutoramento na Universidade de Columbia en 1948, onde permaneceu a maior parte da súa carreira.

Carreira Vickrey foi o primeiro que empregou as ferramentas da teoría de xogos para explicar a dinámica das poxas.Vickrey, 1961 No seu artigo trascendental sobre o tema, Vickrey derivou varios equilibrios das poxas, e achegou un resultado temperán de equivalencia de ingresos. O teorema da equivalencia de ingresos permanece no centro da moderna teoría das poxas. A poxa de Vickrey recibe o seu nome.

Vickrey traballou nas tarifas de conxestión, o concepto de que as estradas e outros servizos deberían ser taxadas para que os usuarios vexan os custos que xorden dos servizos que están sendo usados completamente cando aínda hai demanda. As tarifas de conxestión dan un sinal aos usuarios para que axusten o seu comportamento ou aos investidores para expandir o servizo para quitar a restrición. A teoría foi máis tarde posta en práctica en Londres.

En economía pública, Vickrey estendeu a aproximación da tarifa de custo marxinal georgista de Harold Hotelling e mostrou como os bens públicos deberían ser proporcionados con custo marxinal e os gastos de investimento de capital financiados co Imposto sobre Bens Inmobles. Vickrey escribiu que substituír os impostos sobre a produción e o traballo ("incluídos os impostos da propiedade sobre as melloras") con pagamentos por terreos valiosos "melloraría substancialmente a eficiencia económica da xurisdición".Vickrey, William. "The Corporate Income Tax in the U.S. Tax System, 73 TAX NOTES 597, 603 (1996). Quote: "Removing almost all business taxes, including property taxes on improvements, excepting only taxes reflecting the marginal social cost of public services rendered to specific activities, and replacing them with taxes on site values, would substantially improve the economic efficiency of the jurisdiction." Vickrey argumentou que o Imposto sobre Bens Inmobles non tiña efectos adversos e que substituír os impostos existentes desa forma incrementaría a produtividade local abondo para que os prezos da terra se incrementasen en lugar de caer. Tamén deu un argumento ético para a toma de valor georgista, notando que os propietarios de lugares de valor aínda teñen bens públicos locais, mesmo se escollen non empregalos, así que sen o Imposto sobre os Bens Inmobles, os usuarios da terra teñen que pagar dúas veces por eses servizos (unha no imposto ao goberno e outra no alugamento aos propietarios dos títulos dos terreos).

A filosofía económica de Vickrey foi influída por John Maynard Keynes e Henry George.Turgeon, Lynn. Bastard Keynesianism : the evolution of economic thinking and policymaking since World War II. Westport, Conn: Praeger, 1997 Foi crítico coa Escola de economía de Chicago e foi un voceiro na oposición ao foco político na consecución de orzamentos equilibrados e a loita contra a inflación, especialmente en tempos de forte desemprego. Traballando baixo o xeneral MacArthur, Vickrey axudou á reforma radical da terra no Xapón.Gaffney, Mason. The corruption of economics. London: Shepheard-Walwyn in association with Centre for Incentive Taxation, 2006 http://masongaffney.org/publications/K1Neo-classical_Stratagem.CV.pdf

Vickrey tivo moitos estudantes de graduado e protexidos na Universidade de Columbia, entre eles os economistas Jacques Drèze, Harvey J. Levin,Harvey J. Levin e Lynn Turgeon.Lynn Turgeon

Vida persoal Vickrey casou con Cecile Thompson en 1951. Era cuáquero e membro da Friends Meeting de Scarsdale.William Vickrey - Biographical Faleceu en Harrison, Nova York en 1996 fun fallo cardíaco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Nobel Laureate Biography of William Vickrey IDEAS/RePEc

Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Premio Nobel de Economía Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Alumnos da Universidade Yale