O terceiro home (en ) é unha novela policial escrita polo novelista británico Graham Greene e publicada por primeira vez en 1950. Foi escrita como un traballo preparatorio do guión do filme homónimo de Carol Reed, e foi publicada despois da estrea do filme.

Foi traducida ó galego por María Dolores Martínez Torres e publicada pola Editorial Galaxia no ano 1994. No ano 2005, foi publicada de novo coa tradución de Martínez Torres dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais

Categoría:Obras literarias de 1950 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎