Á espera de Godot (en ) é unha obra pertencente ó teatro do absurdo, escrita a finais da década de 1940 por Samuel Beckett e publicada en 1952 por Éditions de Minuit. A estrea como obra teatral, dirixida por Roger Blin, realizouse o 5 de xaneiro de 1953 no Théâtre de Babylone de París. Beckett escribiu a obra orixinalmente en francés, a súa segunda lingua. A tradución ó inglés foi realizada polo mesmo Beckett e publicada en 1955. miniatura|240x240px|Lucky e Pozzo. A obra divídese en dous actos, e en ámbolos dous aparecen dous vagabundos chamados Vladimir e Estragon que esperan en balde xunto a un camiño a un tal Godot, con quen (quizais) teñen algunha cita. O público nunca chega a saber quen é Godot, ou que tipo de asunto teñen que tratar con el. En cada acto, aparecen o cruel Pozzo e o seu escravo Lucky (en inglés, «afortunado»), seguidos dun raparigo que fai chegar a mensaxe a Vladimir e Estragon de que Godot non virá hoxe, "pero mañá seguro que si".

Esta trama, que intencionalmente non ten ningún feito relevante e é altamente repetitiva, simboliza o tedio e a carencia de significado da vida humana, tema recorrente do existencialismo. Unha interpretación estendida do misteriosamente ausente Godot é que representa a Deus (en inglés: God), aínda que Beckett sempre negou isto.SB to Barney Rosset, 18th October 1954 (Syracuse). Quoted in Knowlson, J., Damned to Fame: The Life of Samuel Beckett (Londres: Bloomsbury, 1996), p 412 Beckett afirmou que derivaba de godillot, que en xerga francesa significa bota. O título podería entón suxerir que os personaxes están a esperar «á bota». Como nome propio, Godot tamén pode ser un derivado de diferentes verbos franceses.

Foi traducida ó galego por Francisco Pillado Mayor e foi publicada pola Edicións Laiovento no ano 2003. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pillado Mayor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Representacións en Galicia A obra foi estreada en 1984 pola Compañía Luís Seoane na Coruña, e representada en 1989 por Teatro Galileo e en 1991 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago, as dúas nesta cidade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Biblioteca Galega de Clásicos Universais

Categoría:Obras literarias de 1952 Categoría:Obras de teatro en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego‎ Categoría:Teatro do absurdo