O capitán John Smith e Pocahontas (en ) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Lew Landers. Foi distribuído por United Artists e está protagonizado por Anthony Dexter, Jody Lawrance e Alan Hale.Captain John Smith and Pocahontas en Turner Classic Movies

Malia que moitas das escenas foron rodadas nas montañas Blue Ridge de Virxinia, os exteriores foron rodados nos arredores do canón Bronson. Amosa a fundación da colonia de Jamestown polos ingleses e a relación entre John Smith e Pocahontas. Ela casou con John Rolfe na vida real. O filme tamén é coñecido co título alternativo de Burning Arrows. Está considerado como filme B e conseguiu unha certa categoría de culto.

Estreouse en galego o 17 de xuño de 1995 na TVG.

Personaxes Anthony Dexter como Capitán John Smith Jody Lawrance como Pocahontas (Matoaka) Alan Hale Jr. como Fleming Robert Clarke como John Rolfe Stuart Randall como Opechanco James Seay como Edward Maria Wingfield Philip Van Zandt como Davis Shepard Menken como Nantaquas Douglass Dumbrille como Xefe Powhatan (Wahunsonacock) Anthony Eustrel como rei Xacobe Henry Rowland como Turnbull Eric Colmar como Kemp

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lew Landers Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes ambientados en Virxinia Categoría:Filmes ambientados na Confederación Powhatan Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Filmes de 1953 con versión en galego