O capitán Kidd (en ) é un filme estadounidense de 1945 dirixido por Rowland V. Lee, sendo o seu derradeiro filme antes de retirarse. Está protagonizado por Charles Laughton, Randolph Scott e Barbara Britton. Foi producido por Benedict Bogeaus e James Nasser e a música foi dirixida por Werner Janssen. O filme foi distribuído por United Artists e entrou no dominio público porque os produtores descoidaron a renovación dos dereitos de autor en 1972. Nas súas memorias, Nikita Khrushchev recolleu que era un dos filme favoritos de Iosif Stalin, e que Stalin se identificaba co capitán.

miniatura|upright=1.5|O capitán Kidd.

Personaxes Charles Laughton como Capitán William Kidd Randolph Scott como Adam Mercy Barbara Britton como Lady Anne Dunstan Reginald Owen como Cary Shadwell John Carradine como Orange Povey Gilbert Roland como Jose Lorenzo John Qualen como Bartholomew Blivens Sheldon Leonard como Cyprian Boyle William Farnum como Capitán Rawson Henry Daniell como rei Guillerme III Harry Cording como gardián de Newgate (sen acreditar) Lumsden Hare como Lord Fallsworth (sen acreditar) Edgar Norton como nobre (sen acreditar) Frederick Worlock como Landers (sen acreditar)

Galardóns e nomeamentos O filme foi nomeado ó Oscar á mellor banda sonora na 18ª edición dos premios.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1945 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rowland V. Lee Categoría:Filmes de piratas Categoría:Filmes de 1945 con versión en galego