Patricia Carballo Penas, nada na Coruña o 16 de febreiro de 1996, é unha futbolista galega, coñecida como Patri Carballo. Xoga como dianteira no Club Deportivo TACON da primeira división de España.
Traxectoria Foi corredora de velocidade antes da súa consolidación como futbolista e chegou a ter varias marcas no seu poder, ademais dun campionato xuvenil nos 200 metros lisos cunha marca de 25,09 segundos, e un subcampionato de España absoluto na mesma modalidade cunha marca de 24,36 segundos, récord de Galicia.
É licenciada en Fisioterapia pola Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.
Clubs
ClubPaísAnoOrzán SD2010-15Atlético de Madrid Féminas "B"2015-17Club Deportivo TACON2017-Act.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de Galicia Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes