Tyrus Raymond Cobb, nado en Narrows (Xeorxia) o 18 de decembro de 1886 e finado en Atlanta o 17 de xullo de 1961, alcumado The Georgia Peach ("O pexego de Xeorxia"), foi un xogador de béisbol estadounidense da Major League Baseball (MLB) na posición de outfielder. Cobb pasou 22 temporadas nos Detroit Tigers, os últimos seis como xogador-xerente do equipo, e rematou a súa carreira cos Philadelphia Athletics. En 1936 Cobb recibiu máis votos que calquera outrao xogador na primeira escolla para o Baseball Hall of Fame, recibindo 222 dun máximo de 226 votos (98,2%); ningún outro xogador recibiu unha porcentaxe de votos tan alta ata Tom Seaver en 1992. En 1999, os editores de Sporting News situaron a Ty Cobb como o terceiro na lista de 100 mellores xogadores de béisbol.

Cobb está recoñecido co establecemento de 90 récords da MLB durante a súa carreira. O seu total combinado de 4065 carreiras marcadas e bateadas (tralo axuste para home runs) é aínda o máis alto producido por calquera outro xogador dunha gran liga. Mantiña tamén varios récords ata 2018, incluíndo a media máis alta de bateo (0,366 ou 0,367, segundo a fonte) e máis títulos de bateo con 11 (ou 12 segundo as fontes). Ademais retivo moitos outros récords durante medio século ou máis.

O legado de Cobb, que inclúe un gran fondo para bolsas de estudos para residentes de Xeorxia, financiado polos seus investimentos en Coca-Cola e General Motors, en certo modo foi manchado por acusacións de racismo e violencia, que xurdiron dun par de biografías fortemente desacreditadas publicadas despois da súa morte. A reputación de Cobb como un home violento foi avivada polo seu primeiro biógrafo, o escritor especializado en deporte Al Stump, as historias do cal foron cualificadas de sensacionalistas e amplamente probadas que son ficticias.Ty Cobb, myth, legend, popular culture Mentres era coñecido por ter conflitos ás veces violentos, incluídos con afroamericanos, as actitudes de Cobb sobre a raza experimentou un cambio despois da súa retirada, e falou a favor de que os xogadores negros se unisen ás grandes ligas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(Nominee for the 2007 CASEY Award. See The Casey Award; Ron Kaplan's Baseball Bookshelf.)

Ligazóns externas Páxina oficial Ty Cobb Museum PragerU: The Case of Ty Cobb "Fast Running Got Ty Cobb to his Wedding on Time," Atlanta Georgian, 7 de agosto de 1908, Atlanta Historic Newspapers Archive, Digital Library of Georgia. "Timeline of Ty Cobb's Life" Ty Cobb: The Georgia Peach historical marker

Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Xogadores de béisbol dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Detroit Tigers