El Organillo foi un periódico editado en Padrón en 1883.
Historia e características Subtitulado Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, apareceu no verán de 1883. Despois pasou a titularse Periódico humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño, pasando a publicarse tres veces ao mes. Fundado e dirixido por Pablo Pérez Costanti, imprimíase na Rúa do Vilar, 80 de Santiago de Compostela. Publicaba poesía en castelán na sección "Melomanías", onde apareceron textos de Javier Valcarce Ocampo e Recio Rucio. O último número coñecido é o 8, de 24 de outubro de 1883.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Padrón Categoría:1883 en Galicia