Pro-Galicia foi un periódico editado na Habana en 1912.
Historia e características Editada polos colectivos La Unión Mañonesa, Sociedad Ferrol y su Comarca e El Progreso de Coles, que integraban a Federación Galaica. Baixo o mesmo título aparecían os diversos boletíns independentes de información de cada sociedade. Informaba das actividades e funcionamento interno aos socios e ofrecía artigos de exaltación dos lugares aos que pertencían as sociedades. Publicou poemas de Curros Enríquez e artigos en castelán sobre Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Leiras Pulpeiro. Durou só uns meses e foi substituída ao ano seguinte por Labor Gallega.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:1912 Categoría:Cultura da Habana