María Inmaculada Castañón González, coñecida coma Inma Castañón, nada en 1959 en Cudillero (Principado de Asturias) pero residente na Coruña é unha ex xogadora de fútbol, popular na década de 1980.

Traxectoria Foi a capitá do Karbo Deportivo que en 1981 conquistou a primeira Copa da Raíña. Neste equipo levaba o número 10 e chamábanlle a Maradona do fútbol feminino, miúda en estatura xogaba de interior esquerda pero tiña gran capacidade de gol marcando unha media de dous goles por partido.

Durante a súa época no Karbo foi pretendida por varios clubs internacionais como o Royan francés ou o Oivas de Lisboa tendo a oportunidade de converterse na primeira xogadora profesional pero rexeitou estas ofertas por preferir que o fútbol feminino se mantivese puro e que non sexa profesionalizado. "Así evitamos os numerosos intereses que existen nun mundo profesionalizado" daba como razón para este rexeitamento. Trala desaparición do Karbo Deportivo incorporouse ó Club de Fútbol Femenino Tradehi, actual Real Oviedo Feminino.

Foi a primeira capitá da selección española coa que xogou entre 10 e 15 partidos.

Clubs ClubLocalidadeAnosCandás Club de FútbolCarreño1969-70Sirenas de LuancoLuanco1970-71Camisas IKEA Coruña1972-75Karbo DeportivoA Coruña1976-88Club de Fútbol Femenino TradehiOviedo1988-89

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fútbol feminino Deportivo da Coruña Feminino

Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Cudillero Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino Categoría:Personalidades sen imaxes