A Unión Surafricana (en inglés, Union of South Africa, en neerlandés Unie van Zuid-Afrika, en afrikaans Unie van Suid-Afrika) foi un estado africano, predecesor histórico da República de Suráfrica. Comezou a existir o 31 de maio de 1910 como resultado da consolidación das colonias do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda na rexión austral de África baixo un só sistema de goberno.
As colonias antigamenente separadas, como a Colonia do Cabo, Natal, Transvaal e Orange, convertéronse en provincias da Unión Sudrafricana, máis a anexión da África do Suroeste alemá (actual Namibia) en 1915 tras o tratado de Versalles, despois da primeira guerra mundial.
Coa transformación de Suráfrica dun dominio da Comunidade Británica de Nacións a unha República en 1961, a Unión Surafricana deixou de existir e é desde entón parte da historia do estado da República Surafricana.
Galería
Véxase tamén
Bibliografía Muller, C. J., ed. (1969): 500 Years History of South Africa. Pretoria: H&R-Academica. Thompson, L. (2006): A History of South Africa. Cape Town: Johnathan Ball Publishers. ISBN 978-1-8684-2236-4. Thompson, L. (1960): The Unification of South Africa 1902-1910. Oxford: Oxford University Press.
Categoría:Estados desaparecidos de África Categoría:Historia do Reino Unido Categoría:Historia de Suráfrica Categoría:Namibia Categoría:Monarquías desaparecidas