Ronnie Walter Cunningham, nado en Creston (Iowa) o 16 de marzo de 1932 e finado o 3 de xaneiro de 2023, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 7. Pasou un total de 10,84 días no espazo.
Traxectoria Cunningham graduouse en física pola Universidade de California nos Ánxeles en 1961 e doutorase na mesma materia. Foi graduado tamén en Xestión Avanzada de Programas pola Escola de Negocios de Harvard en 1974.
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1963, na terceira promoción de astronautas. Cunningham foi asignado á tripulación principal do Apollo 2 antes da súa cancelación, e foi asignado como parte da tripulación de apoio do Apollo 1. Finalmente voou ao espazo na misión Apollo 7 o 11 de outubro de 1968, a primeira misión tripulada dunha nave Apollo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Apollo 7
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Iowa Categoría:Finados en 2023