Marie Rita Marcelle Lagesse, nada en Quatre Bornes o 7 de febreiro de 1916 e finada o 8 de marzo de 2011, foi unha xornalista e escritora mauriciana en lingua francesa.
Traxectoria
Sendo nova casou con Gaston Lagesse. Enviuvou e foi vivir ás illas Salomón, onde o seu pai era administrador. Viviu alí entre 1938 e 1942, cando regresou Mauricio. En 1945 publicou o libro de relatos Les contes du samedi co pseudónimo de Rita Marc. En 1958 publicou a novela La Diligence s'éloigne à l'aube, recoñecida co Premio Robert Bargues. Entre 1942 e 1950 colaborou en Savez vous que?, a publicación oficial da Oficina de Relacións Públicas de Mauricio. Lagesse escribiu tamén nos xornais Le Cernéen, Le Mauricien e Advance. Entre 1961 e 1971 escribiu unha columna semanal no periódico Action. Lagesse deixou o xornalismo en 1987.
As súas novelas foron traducidas ao ruso e inglés. Lagesse escribiu varias obras de teatro, e unha peza de teatro radiofónico para a Office de Radiodiffusion Télévision Française, Villebague. Tamén investigou sobre a historia de Mauricio, obras que publicou a través de Editions des Archives de l'île Maurice.
Foi nomeada oficial da Orde das Palmas Académicas e Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia. En 1981 foille concedida a cidadanía francesa. Foi elevada ao rango de Oficial da Orde da Estrela e a Chave do océano Índico en 2015. Morreu aos 95 anos logo dunha longa doenza.
Obra Les contes du samedi (relatos, 1945) La diligence s'éloigne à l'aube (novela, 1958). Premio Robert Bargues Le vingt Floréal au matin (novela, 1960) Villebague (novela) Cette maison pleine de fantômes’' (novela, 1962)D'un Carnet (novela)A la découverte de l'Ile Maurice (ensaio, 1970) Sont amis que vent emporte (novela, 1974). Premio des MascareignesDes pas sur le sable (novela, 1975)Villebague (novela)Une lanterne au mat d'artimon (novela)L'Ile de France avant La Bourdonnais (ensaio)L'Hôtel du Gouvernement (ensaio)Blyth Brothers & Co. Ltd. (ensaio)Maurice vue du ciel150 ans de jeunesse, Histoire de la Mauritius Commercial Bank (ensaio) Une jeune femme au Mont Limon (novela, 1993)Les Palmiers de la Source (teatro)Comme un feu de Proue (teatro)L'Amour à travers les âges (teatro)Un homme parmi les autres (teatro)Chantons la liberté (teatro)Villebague (teatro)Carolyne'' (teatro)
Notas
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Xornalistas de Mauricio Categoría:Escritores de Mauricio Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en Mauricio