Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por20x20px Quen poidera namorala No bico un cantar, Televisión de Galicia. Resol. Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).

Características Foi o seu primeiro grande acerto poético. Integrado por cancións de fasquía popular e poemas nos que lembra, modernizándoos, aos grandes autores da cantiga de amigo do noso século XIII. Así inicia a súa liña neotrobadoresca, da que se considera o representante máis significado, sen a pesadez arcaizante de Bouza Brey. Combina a imaxe vangardista con esquemas métricos tradicionais, en sintonía co neopopularismo e gilvicentismo dos poetas da Xeración do 27 española, maiormente Rafael Alberti e Federico García Lorca. Moitos dos poemas forman parte de A dama e o cabaleiro de Amancio Prada. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes.

Segundo o Diccionario da literatura galega:

Segundo Xosé Ramón Pena:

Poemas

Amor de auga lixeira A unha era, ai Louriña No sono do cuco novo Meu amigo foi ruar O río levaba os ollos Naceu cantando ailalalo Tiña sono de cristais Hai unha illa louvada No peteiro do luar Con auga de sede vella No mencer da herba mol No niño novo do vento Na nao do mar laranxa Toda a casa estaba chea Os nenos xogan os ollos Na morte da nena nena Amenceu bico ou onda do mar Adolescencia de aramios Outono cedo de gaitas Ven e verás como soñan na mar Si miña señor á i-alba de Arousa beilar Polos teus ollos, quen pasou, amiga Ista é a noite de moer o grau do vento Quita a pucha, amigo Por oír unha rula decir de amor

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1933 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro