miniatura|Ovos de Alaudala rufescens minor no MHNT A calandriña dos esteiros, tamén chamada calandriña das marismas ou calandriña apincharadaPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Alaudala rufescens, antes Calandrella rufescens) é unha pequena ave paseriforme que vive no sur de Eurasia e norte de África (incluídas as Canarias) ; en Galicia é unha ave accidental, a pesar que algunha das subespecies vive no sur e leste da Península Ibérica. É unha ave común cunha ampla área de distribución e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) considera que o seu status de conservación é "pouco preocupante".

Taxonomía e sistemática Esta especie foi orixinalmente descrita como pertencente ao xénero Alauda. O nome xenérico que ten agora, Alaudala, é un diminutivo de Alauda, e o seu nome específico rufescens significa en latín 'avermellado', de rufus, 'vermello'. Tamén estivo clasificada co nome Calandrella rufescens. Antes ou mesmo actualmente, algunhas autoridades consideraron que a Alaudala athensis, Alaudala cheleensis e Alaudala somalica eran subespecies da calandriña dos esteiros.

Subespecies Recoñécense nove subespecies: A. r. rufescens - (Vieillot, 1819): viven en Tenerife (illas Canarias). A. r. polatzeki - (Hartert, 1904): viven nas illas Canarias orientais. A. r. apetzii - (Brehm, AE, 1857): encóntrase no leste e sur da Península Ibérica. A. r. minor - (Cabanis, 1851): habita desde Marrocos ao noroeste de Exipto e sur de Turquía ata a península do Sinaí e leste de Iraq. A. r. nicolli - (Hartert, 1909): vive no delta do Nilo (norte de Exipto). A. r. pseudobaetica - (Stegmann, 1932): no leste de Turquía, Transcaucasia e norte de Irán. A. r. heinei - (Homeyer, 1873): encóntrase desde Ucraína ao leste de Kazakhstán. A. r. aharonii - (Hartert, 1910): no centro de Turquía. A. r. persica - Sharpe, 1890: encóntrase desde o leste e sur de Iraq ata o sur e suroeste de Afganistán.

Descrición

A calandriña dos esteiros é similar en tamaño e aparencia á Calandrella brachydactyla (calandriña común) pero xeralmente é de cor máis apagada cun peito máis manchado. Crece ata os 13 ou 14 cm de lonxitude e os sexos son similares. Igual que na calandriña común, a súa cor varía ao longo da súa ampla área de distribución e non é unha boa característica distintiva. É marrón cincenta con manchas escuras pola parte superior e branca pola inferior. Ten un supercilio claro e un curto e robusto bico.

Debe terse coidado para non condundir esta especie coas do xénero Calandrella. Esta especie carece das manchas escuras no pescozo que ten a Calandrella brachydactyla (calandriña común), e ten un fino manchado polo peito. O bico e cabeza teñen tamén forma diferente nas dúas especies, sendo os desta especie máis curtos, o bico menos cónico e a cabeza menor e máis arredondada. A súa canción é máis rica e variada e imitadora que a da súa parente.

Distribución e hábitat

A calandriña dos esteiros reprodúcese en España, norte de África, e tamén desde Turquía cara ao leste polas zonas semidesérticas de Asia central ata Mongolia e a China. Moitas poboacións, incluíndo as que se reproducen en España e norte de África, son sedentariase non migradoras, pero algunhas en Asia migran desde o norte da súa área cara ao sur en inverno. Esta especie é unha ave errante moi rara no norte e oeste de Europa, incluída Galicia.

Comportamento e ecoloxía É unha ave de campos abertos secos, que incluso prefire solos máis áridos e con menos vexetación que a calandriña común. Fai o niño no chan e pon dous ou tres ovos. Aliméntase de sementes e insectos, isto último especialmente na estación reprodutora.

Notas

Véxase tamén ligazóns externas Ageing and sexing (PDF; 1.9 MB) de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze

Categoría:Aláudidos Categoría:Animais descritos en 1819