A arceúcha real, tamén chamada becacina realPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Gallinago media) é unha pequena ave limícola robusta do xénero Gallinago. O hábitat reprodutor desta ave son marismas e pradeiras húmidas con vexetación curta do nordeste de Europa, incluíndo o noroeste de Rusia ; en Galicia é unha ave accidental rara. Son aves migratorias, que pasan o inverno en África. A poboación reprodutora europea está en forte declive.
Taxonomía
A especie foi descrita polo naturalista inglés John Latham en 1787 co nome Scolopax media. O nome do xénero actual Gallinago é unha palabra neolatina que significa arcea ou becada, do latín gallina, 'galiña' e o sufixo -ago, 'que lembra a'. O nome específico media significa en latín 'intermedia', porque esta especie é intermedia en tamaño entre a arcea da fraga (Scolopax rusticola) e a arceúcha das brañas (Gallinago gallinago).
Descrición esquerda|miniatura|En voo. Os adultos cos seus 26 a 30 cm de lonxitude e 42 a 50 cm de envergadura son só lixeiramente máis grandes, pero moito máis voluminosos, que a arceúcha das brañas e teñen un bico máis curto. O corpo ten manchas marróns pola parte superior e está barrado pola inferior. Teñen unha liña negra que cruza o ollo. As ás son anchas e en voo pode verse unha barra clara na á.
Á voz desta ave descríbese como un feble ie. As chamadas durante as exhibicións de apareamento que fan os grupos poden sentirse a longas distancias (a máis de 300 m) e inclúen unha serie de chíos que se elevan e baixan e ruídos de clics que aceleran.
Comportamento e ecoloxía
miniatura|esquerda|Gravado de Naumann, 1905
estas aves son coñecidas pola súa gran capacidade de voar rápido e sen parar a grandes distancias. Poden voar a unha velocidade de 97 km/h, con pouca axuda das correntes de vento. Rexistráronse casos de individuos que voaron sen parar durante 84 horas cubrindo unha distancia de 6 760 km. Porén, as súas ás non son especialmente aerodinámicas; carecen de extremos agudos. Normalmente non paran para comer aínda tendo boas oportunidades, senón que se alimentan da súa graxa almacenada.
Ao lusco fusco durante a estación reprodutora, os machos exhíbense nun lek, permanecendo ergueitos co peito inflado e cola despregada en abano. Poden choutar, e producen diversos sons de repenico, clics, sons rumbantes e asubíos durante a exhibición. Poñen tres ou catro ovos nun niño no chan ben agochado.
Buscan alimento no barro mol, sondando ou apañando co bico os alimentos que ven. Comen principalmente insectos e miñocas e ocasionalmente materia vexetal. Son difíciles de ver, porque están ben camuflados no seu hábitat. Cando escapan para agocharse, voan en liña recta durante unha considerable distancia antes de baixar e meterse entre a vexetación. miniatura|upright|Ovo de Gallinago media - (MHNT)
Fósiles Descubríronse fósiles de becacina real en Carolina do Norte, cunha antigüidade de 4,465 Ma ±0,865M. Isto suxire que a ave debeu noutrora resituarse ao outro lado do Atlántico.
Status En 2012, estimouse unha poboación de 15 000 a 40 000 individuos en Escandinavia e entre 450 000 e 1 000 000 no oeste de Siberia e noroeste de Europa. A especie está experimentando un declive, debido principalmente á perda de hábitat, e tamén pola caza que sofre no leste de Europa e nas súas zonas de invernada africanas. A especie está clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como "case ameazada". É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias africano-eurasiático (AEWA).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Becacina real en Handbook of Birds of the World
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1787