Aïcha Aminata Laïla Fofana, nada en Bamaco en 1957 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2003, foi unha tradutora e escritora maliana. Con Mariage: on copie (1994), converteuse na primeira muller do seu país en publicar unha novela. Activista polos dereitos da muller, a súa obra procura mellorar as condicións sociais da muller no seu país.
Traxectoria Filla de Bénitiéni Fofana (1928–1991), traballador do Ministerio de Saúde. Despois de facer primaria en Bamaco e Bordeos (Francia), asistiu ao instituto Notre-Dame en Níxer. Estudou linguas na Sorbona, na Universidade de Mannheim (Alemaña) e na Universidade de Oxford. Co seu coñecemento de francés, alemán e inglés traballou como tradutora e intérprete.
A súa primeira novela Mariage: on copie achega a visión convencional das mulleres de Malí. Conta a historia de catro delas, que teñen diferentes problemas debido aos seus status e as súas procedencias étnicas. A través das descricións de como as mulleres resolven os problemas de vida marital, a novela mostra como a sociedade maliana está mudando no bo camiño. A súa segunda novela, La fourmilière, foi editada de forma póstuma en 2006. A obra amosa as dificultades da sociedade maliana, representada pola vida dunha gran familia. O título está inspirado polas estruturas sociais, que poden ser comparadas cunha colonia de formigas.
Frustrada polo tempo que leva a publicación dos libros, Fofana decidiu pasar a escribir teatro, onde podía levar ao público as súas ideas de modo máis rápido. En abril de 1997 estreouse no Centro Cultural de Bamaco a súa primeira obra, Excellence on fait le ménage. Como a obra criticaba a corrupción política, causou unha grande axitación tanto nos actores como no público. A súa segunda obra de teatro, L'Africaine de Paris no 2, presentada en 1998, conta a historia dun home maliano que casa cunha muller. Pouco despois a súa primeira esposa, unha africana coa que casara en París, chega para reclamalo como o seu marido, e enturba o ambiente familiar.
En 1998 Fofana foi unha dos membros fundadores da Association Malienne des Droits de l'Homme.
Obra Novelas
Obras de teatro
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Bamaco Categoría:Escritores de Malí Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Personalidades sen imaxes