Esther Razanadrasoa, nada en Antananarivo en 1892 e finada en abril de 1931, foi unha poeta malgaxe, que asinou a súa obra literaria co pseudónimo de Anja-Z.

Traxectoria Pouco se sabe da súa vida máis que a data de nacemento e defunción, que casou xa maior e que foi redactora xefe do xornal Tsara Hafatra.. O seu pseudónimo literario é unha homenaxe á súa nai. O seu pai, segundo Jean-Joseph Rabearivelo, foi poeta, xornalista, novelista, orador e compositor

Escribiu en lingua malgaxe, especificamente no dialecto da etnia hova. Parte da súa obra é a recollida das improvisacións líricas das mozas da capital, coñecidas como «kindriandina».. Publicou tamén varias novelas.

Foi unha grande influencia para o poeta Jean-Joseph Rabearivelo, que a admiraba tanto pola súa obra como polas súas actividades no curso da súa vida.. O poeta escribiulle unha fasana (equivalente a un treno) á súa morte., no que, no verso "le poète inscrira son chant de vivant" expresa a súa fe na reencarnación da alma da súa musa.. Amais, Rabearivelo traduciu ao francés parte da obra de Esther Razanadrasoa.. Segundo os escritos do propio Rabearivelo, Esther Razanadrasoa morrería pola inxestión de produtos abortivos, para evitar quedar embarazada logo de deitarse con el..

Na homenaxe que recibiu tras a súa morte en 1931, mencionouse que Esther Razanadrasoa recibira dez honores malgaxes, e que estaba considerada como "unha das figuras máis simpáticas da escrita malgaxe".

En 2015 a escritora suíza Douna Loup publicou a novela L'oragé, na que ficciona a vida da escritora a partir de tres raros elementos biográficos. Nesta novela, Esther xoga para Rabearivelo o rol de amante e de musa mais tamén de personaxe inflexible, intransixente co uso exclusivo do malgaxe como lingua de expresión, en oposición co seu discípulo e amante..

Obra Rasolihanta (Antananarivo: Jean Paoli et Fils, 1931)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Madagascar Categoría:Nados en 1892 Categoría:Nados en Antananarivo Categoría:Finados en 1931 Categoría:Escritores en lingua malgaxe